займ срочно

O  GDR Terras de Compostela organiza un curso de elaboración de derivados lácteos

0

A Baña, 7 de maio do 2019 – O Grupo de  Desenvolvemento Rural Terras de Compostela organiza do 20 ao 24 deste mes un curso de elaboración de derivados lácteos.

Seguindo co traballo de profesionalizar ao sector cunha formación de calidade, Terras de Compostela organiza estas xornadas sobre derivados lácteos no concello da Baña. Serán impartidas por un dos principais expertos nacionais, José Luís Martín, e están dirixidas aos pequenos produtores de leite como fórmula de diversificación que complemente os seus ingresos.

Os contidos incluirán o coñecemento da materia prima, os materiais necesarios, as tecnoloxías dos distintos tipos de queixos ou todo o necesario para a súa comercialización. Na parte práctica ensinarase a determinar a calidade do leite, a elaboración de queixos de pasta  prensada e non cocida, a elaboración de iogur de requeixo ou a cata do produto final entre outros contidos.

O número de participantes previstos é de 29 e ten como obxectivo a mozos que queiran iniciar unha explotación  agro gandeira ou persoas vinculadas ao rural que queiran diversificar e ampliar os seus coñecementos.

José Luís Martín

O curso será impartido por José Luís Martín. Con máis de 30 anos de experiencia no mundo do queixo é asesor e consultor de distintas  queixerías artesás e tendas especializadas. Desde o 2004 é o director do espazo  Gourmet de queixos do Salón do  Gourmet. Foi o director e coordinador durante 9 edicións do Campionato de España dos mellores queixos. Colaborador do Ministerio de Agricultura e da Academia da Gastronomía Española. Participou como xurado en premios internacionais da talla do  World  Championship  Cheese  Contest (EEUU) ou nos  World  Cheese  Awards (Ou. K.).  

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies