займ срочно

O  GDR Terras de Compostela prepara o programa de formación anual

0

Vedra, 22 de marzo do 2019 – O Grupo de  Desenvolvemento Rural ( GDR) Terras de Compostela centrará as materias de formación para este ano no ámbito da agricultura e o turismo.

A formación é un dos principais motores do desenvolvemento rural. Terras de Compostela impulsa desde fai dez anos a cualificación da poboación rural e desde o 2015 colabora nos programas Erasmus + e  Galeuropa que beneficiou a máis de 70 mozos. A preocupación pola integración é outra das súas motivacións con cursos como o desenvolto en colaboración coa entidade Down Compostela para mozos discapacitados.

Agricultura

O apartado agrícola centrará os ensinos por unha banda na elaboración de derivados lácteos, unha forma de diversificar a produción e complementar os ingresos. Os equipos necesarios, a materia prima, as distintas técnicas na elaboración de queixos ou a influencia da gastronomía serán algúns dos contidos que se impartirán no curso.

Doutra banda a comercialización e transformación dos produtos da terra será outra das actividades formativas este ano. O obxectivo é conseguir unha maior rendibilidade das explotacións e para iso preséntase un programa  educacional moi completo. As materias que se tocarán van desde coñecementos de  microbioloxía ata todos os requisitos necesarios para abrir unha liña de transformados ou conservas.

Turismo

Uno dos retos para o  GDR Terras de Compostela é poñer en valor o rural como destino de reclamo turístico de calidade. Os territorios xestionados teñen un amplo patrimonio que vai desde zonas arqueolóxicas, arquitectura civil ou relixiosa ata recursos naturais como a conca do Ulla incluído na Rede Natura ademais dunha importante riqueza gastronómica.

A formación no ámbito turístico terá como obxectivo conseguir unha maior profesionalización dos empresarios e empregados dos distintos establecementos que presten servizos ao turista / visitante. Búscase en último termo  contribuír á creación do destino turístico de calidade no territorio.

Neste campo seguirase a formación  SICTED impartindo este ano o primeiro ciclo da mesma. Explicarase en que consiste o proxecto, os manuais de boas prácticas e a súa utilidade, a  autoevaluación e como conseguir melloras e as distintas cuestións legais que van desde a protección de datos ata as obrigacións en materias de accesibilidade. Tamén se presentará a plataforma  SICTED e como acceder a ela.

Apoio a iniciativas

Ademais dos plans de formación o  GDR Terras de Compostela colabora en xornadas de todo tipo ao longo do ano, xestiona axudas para as empresas, asesora en distintos ámbitos a emprendedores e realiza desde fai dez anos un traballo de apoio fundamental no territorio. 

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies