O GDR Terras de Compostela recibe solicitudes de inversión que superan os 3 millóns e medio de euros

0

Bisbarra, 24 de abril do 2019 – O Grupo de Desenvolvemento Rural Terras de Compostela, GDR, recibiu, no primeiro trimestre do ano, solicitudes de axuda que alcanzarían os 3.500.000 € de investimento.

O GDR xestiona axudas europeas e asesora ás empresas e concellos desde hai dez anos. Ademais da colaboración nos trámites administrativos a entidade imparte cursos de formación como xeito de mellorar e profesionalizar o medio rural.

Os proxectos presentados nos primeiros meses do 2019 abarcan distintos ámbitos; desde o turístico, un dos de maior crecemento, ao social, a prestación de servizos a empresas e particulares, rehabilitación e promoción do patrimonio ou recursos do territorio.

No eido do emprego os proxectos presentados supoñen unha incidencia directa en 70 postos de traballo directos, 55 como consolidación e 15 de nova creación.

O financiamento previsto para a anualidade 2019 pola Xunta de Galicia por medio da Axencia galega de Desenvolvemento Rural, AGADER, é de máis de 6 millóns de euros. A xestión dos fondos faixe conxuntamente cos Grupos de Desenvolvemento Rural como Terras de Compostela que ten firmado un convenio co organismo autonómico. Estes fondos están financiados nun 75%  polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e teñen unha previsión de investimento no ano 2020 de máis de 9 millóns de euros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial