O Goberno municipal de Ames e a Policía local asinan un acordo

0

Ames, 22 de xaneiro do 2019 – Primeiros pasos para resolver o conflito laboral na Policía local de Ames coa sinatura dun acordo no Consello Galego de Relacións Laborais.

O Goberno municipal e os representantes sindicais da Policía Local asinaban o pasado 8 de xaneiro un preacordo. Este documento era trasladado á Xunta de portavoces municipais o día 14 alcanzando un consenso para iniciar o expediente plenario para a modificación da RPT no que atinxe a este asunto. O pasado xoves coa introdución de algunhas modificacións  o acordo era ratificado nun segundo documento.

Na práctica o acordo define unha folla de ruta para acadar a adecuación retributiva dos axentes. O Goberno comprométese a solicitar os informes de Intervención e Secretaría para levar ao pleno ordinario deste mes de xaneiro o expediente de modificación puntual da RPT, para a adecuación do complemento de destino da Policía Local, segundo foi acordado na Mesa Xeral de Negociación. Este punto xa foi cumprido na semana pasada mediante providencia de Alcaldía e logo da Xunta de voceiros. No caso de que ditos informes vaian na mesma liña do xa redactado no pasado mes de xullo de 2018 e segan sendo desfavorables á modificación do Complemento de destino, solicitaráselle un informe oficial á Asesoría xurídica da Deputación da Coruña para que se pronuncie ao respecto.

De ser favorable o informe da Deputación, o goberno comprométese a levar ao Pleno a modificación puntual da RPT para a súa aprobación. No caso de que non saía favorable solicitarase que a proposta quede sobre a Mesa, intentado por parte do Goberno que dita proposta sexa aprobada no seguinte Pleno. O Goberno ten previsto convocar á Xunta de voceiros con carácter previo á convocatoria da orde do día dese pleno co obxectivo de coñecer a postura dos grupos da oposición.

Complemento específico

En canto ao complemento específico, desde o Goberno insistiuse na necesidade de ligar calquera tipo de acordo á Comisión de RPT creada, e posteriormente, á Mesa Xeral de negociación. Así, as partes acordaron debater na Comisión especial da RPT a proposta presentada pola Policía Local, conforme ao informe de CCOO, para a modificación puntual da RPT, no referido ao complemento específico destes postos, segundo o Manual de avaliación de postos vixente. O Goberno municipal vincula o inicio da negociación e tramitación desta modificación do Complemento específico dos postos da Policía Local ao que se decida e aprobe ao respecto na Comisión da RPT para posteriormente ser tratado na Mesa Xeral de negociación, comprometéndose ambas partes a respectar os acordos adoptados de xeito maioritario pola representación sindical.

O goberno municipal comprométese tamén a solicitar os pertinentes informes técnicos antes do tratamento e aprobación/ratificación desta Mesa Xeral de Negociación de cara a ter toda a información previa ao tratamento do asunto. No suposto de que os informes sexan desfavorables, o Goberno xuntarase de urxencia coa Policía Local para buscar unha posible solución.

A Policía confía no acordo

Os representantes sindicais da Policía Local confían en que se cumpran estes acordos. Destacan a intención das partes de manter un diálogo máis fluído de aquí en diante. Tamén existe un compromiso para realizar as horas extras que sexan necesarias en casos especiais ou en urxencias; o próximo Antroido podería ser un dos momentos nos que se visibilizara esta nova situación.

Desde o sindicato considérase que si se respectan os tempos necesarios para o confección dos informes todo podería estar resolto antes de abril aínda que prefiren facer fincapé en que o máis importante é que se comecen a dar eses pasos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial