O Grupo de Metais Santa Cecía (Ferrol) da un concerto no centro social polivalente de Brión

0

Brión, 27 de outubro do 2018 –  O Grupo de Metais Santa Cecía (Ferrol) ofrece esta tarde, ás 18:30 horas, un concerto didáctico dirixido ao público infantil e familiar de Brión.

A cita é no centro social polivalente, onde a entrada será libre e de balde ata completar aforo. O concerto está incluído no programa “Outono Cultural”, organizado polo Concello de Brión en colaboración coa Rede Cultural 2018 da Deputación da Coruña.

O Grupo de Metais Santa Cecilia está integrada por cinco músicos profesionais pertencentes a diferentes agrupacións instrumentais e Conservatorios de Galicia: Miguel Brea Seoane e Roberto Verde Prieto (trompetas), Miguel Brotóns Pérez (trompa), Roberto Rodríguez Fagúndez (trombón) e Raúl Galán Cerveró (tuba). A agrupación, que naceu no ano 1980, ofrecerá en Brión unha selección de temas do seu mellor repertorio.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial