займ срочно

O grupo de teatro de Ames estrea O velorio de Xan Outeiro

0

Ames, 30 de maio do 2018 – Este venres, 1 de xuño, o grupo municipal de teatro de Ames representará en estrea a obra O velorio de Xan Outeiro. Será ás 21:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro.

O velorio de Xan Outeiro xira arredor de Xan Outeiro, quen está a piques de morrer e quere o mellor velorio que se teña visto nunca. Porén, de onde van saír os cartos para pagar tal velorio? Dirixida por María Ordóñez, a obra será interpretada polas actrices e actores do grupo municipal de teatro de Ames. Desta maneira, conforman o elenco Carlos Labraña, Noemí Graña, Paz Romai, Emilia Mayo, Pablo Núñez, Dante Bussolari, Pilara Gómez, Carmela Pardal, Eva García e Patricia López.

As entradas, que son de balde, xa están esgotadas na billeteira electrónica municipal. Porén, as persoas interesadas en acudir á función poden tentar conseguir a súa entrada, de xeito presencial na Casa da Cultura do Milladoiro, desde unha hora antes do comezo do espectáculo. A peza está dirixida a un público adulto.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies