займ срочно

O Grupo de Teatro Sénior de Afundación presenta “Os vellos namorados”

0

Compostela, 13 de febreiro do 2019 –  O Grupo de Teatro Sénior de Afundación, a Obra Social de ABANCA, comeza unha xira para presentar “Os vellos namorados”, a súa versión de Os vellos non deben de namorarse de Castelao.

“Os vellos namorados” comezará a súa andaina mañá xoves no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela (Preguntoiro, 23) cunha representación benéfica cuxa recadación será doada á Asociación ASOTRAME. As entradas están dispoñibles na web Ataquilla.com, tamén para colaborar mediante a Fila 0.

A xira continuará o 22 de marzo cunha función no Teatro Principal de Ourense. A obra tamén se representará no marco do proxecto «Corrente Cultural» mediante o que ABANCA e Afundación amplían a súa oferta artística alén das súas sedes, trasladándoa ás localidades galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade.

O grupo de teatro sénior de Afundación

O grupo de teatro do Espazo +60 Afundación da Coruña fórmase no ano 1984, cando un grupo de socios e socias afeccionados se reúnen e comezan a dar os seus primeiros pasos representando monólogos e obras curtas. Coa axuda do seu profesor e director, Víctor Díaz Barús, ese mesmo ano debutan cunha obra de Molière, e organizan o I Encontro de Grupos de Teatro.

Na actualidade está integrado por 21 actores e actrices de idades comprendidas entre os 60 e os 90 anos. Algúns dos seus compoñentes participaron en varias series de televisión, como Mareas Vivas, Libro de familia ou Serramoura, en películas como O lapis do carpinteiro e en diferentes anuncios publicitarios. Durante a súa traxectoria, o grupo recibiu numerosos premios en certames de teatro afeccionado, tanto no ámbito galego como nacional.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies