O grupo Histagra da USC organiza un obradoiro sobre os cambios de paradigma na historia rural

0

Compostela, 12 de xaneiro do 2019 –  ‘Cambios de paradigma na Historia Rural. Un debate’ é o lema do obradoiro de Historia que a finais da vindeira semana organizan Alba Díaz Geada e Lourenzo Fernández Prieto, investigadores do grupo Histagra da USC.

Esta acción formativa sobre o cambio de paradigma na historia rural celebrarase o xoves 17 en horario de 8.45 a 21.00 horas e o venres 18 de 9.00 a 13.00 horas na Aula 8 da Facultade de Xeografía e Historia. A xornada forma parte do proxecto ‘Os vectores do cambio estrutural das agriculturas atlánticas ibéricas_moto-mecanización e especialización leiteira’.

O obradoiro pretende dar continuidade ao debate arredor dos cambios nos enfoques, métodos e nos suxeitos analizados pola Historia Agraria, centrando a reflexión no eixo teórico e nas súas mudanzas, “que non poden deslindarse das distintas transformacións históricas que as acompañan”, explican os promotores do obradoiro.

O programa arrancará o xoves 17 cunha primeira sesión dedicada á “cuestión agraria” arredor de 1975 e continuará cun bloque temático no que se debateran sobre as achegas de tres décadas de historiagrafía arredor de cuestións como o estudo dos comunais, agroecoloxía e historia ambiental, o cambio tecnolóxico, historia política do mundo rural ou democracia e acción colectiva no mundo rural. Este último bloque terá continuidade o venres nunha nova sesión na que se aborda o estudos demográficos, as actitudes sociais e resistencia fronte a ditadura ou a historia social e cultura na historia agraria.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial