займ срочно

O  InvernoVespa volve a Melide

0

Melide, 25 de xaneiro do 2019 – Melide volverá a ser este ano o lugar elixido para celebrar o InvernoVespa, unha concentración de vespas e lambretas que se celebra cada inverno.

Esta edición do InvernoVespa será a número nove e o ano pasado congregáronse en Melide máis de 120 escuteristas. Trátase dun evento organizado pola Asociación “Golfos Ártabros Escúter Clube” que se achegarán durante a xornada dominical a Melide.

Como sucede en anos anteriores, os participantes reuniranse a primeira hora da mañá na recepción no palacio de Congresos. Alí quedarán as motos aparcadas durante un tempo para que os que o desexen se poidan achegar a velas.

Será preto do mediodía cando os membros do club percorran as rúas de Melide para exhibir os seus vehículos. Máis tarde, compartirán unha comida de confraternidade entre todos os participantes nun coñecido local da vila.

O InvernoVespa é a primeira concentración do ano que dende fai máis de oito edicións se celebra en Melide, consolidándose esta reunión como unha das concentracións de scotters máis peculiares do ano. 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies