O  Kirolbet  Baskonia gaña ao Obradoiro  no último partido da tempada (77-83)

0

Compostela, 26 de maio do 2018 – O  Monbus Obradoiro pechou unha gran tempada envolto no aplauso da súa afección, competindo como sempre, ata o final, ante un rival colosal como é o  Kirolbet Baskonia, subcampión da fase regular da liga Endesa.

O partido ante o Kirolbet serviu de escenario para unha tarde de homenaxes, de ovacións e de recoñecementos despois dun gran ano. Os  juniors do Obradoiro Peleteiro foron os primeiros en recibir a primeira ovación do respectable despois da súa gran participación no Campionato de España

de Badaxoz de hai unhas semanas. Recolleu a testemuña  Matt Thomas, aclamado pola afección cando recolleu o trofeo como Xogador Estrela Galicia da tempada. O escolta americano asinou un curso espléndido na súa primeira experiencia profesional lonxe do seu país. E no último partido da tempada, non decepcionou, con 17 puntos.

Imaxe de Xaime Cortizo

O  Monbus Obradoiro refíxose dun comezo complicado para  tutear e espremer ao todopoderoso  Baskonia. Os de Moncho Fernández creceron desde a defensa ata chegar a dominar o encontro, e só cederon no tramo final ante a inspiración do talentoso  Vildoza. Spires e  Radovic levantaron ao público dos seus asentos poñendo tapóns (dous e tres respectivamente) e  Pustovyi abusou do aro  baskonista, habilitado por  Sàbat e tamén por Pozas.  Artem acabou sendo o máximo anotador do  Monbus Obradoiro

(19 puntos) e  Nemanja o mellor do encontro (18 puntos, 25 de valoración). O recital do  montenegrino co xogo de pés fixo vibrar á inchada  obradoirista.

En vésperas de disputar o  Playoff (contra Unicaja),  Baskonia despregou un espectacular caudal ofensivo no primeiro cuarto e remontaron no último para afrontar a fase final da competición coa moral elevada. Foi unha noite na que artistas secundarios, xogadores menos habituais, aproveitaron os minutos cos que lles premiou Pedro Martínez. Luca  Vildoza foi o máximo expoñente, con 20 puntos, dez tiros libres sen fallo e 28 de valoración. O seu despregamento no tramo final foi vital para que o  Kirolbet  Baskonia volvese a Vitoria co triunfo debaixo do brazo.

A festa que non fixo máis que comezar coas homenaxes e ao remate do encontro continuou coa homenaxe e a ovación da afección a todos os xogadores, de  Sàbat a  Laksa, sen esquecer a  Rodri Gómez e a  Bachynski; tamén co corpo técnico e todos os membros do  staff.

Ovación pechada, vídeo de agradecemento e, como non, o  Miudiño.

UN, DOUS, TRES, OBRA!

A tempada 2017/2018 chegou ao seu fin.

Íñigo  Caínzos – Obradoiro  CAB

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial