O legado de Carlos Maside descansa por fin en Compostela

0

Compostela, 10 de maio do 2019 – O traballo da Plataforma Maside xunto coa implicación do Consorcio de Santiago, a Deputación da Coruña, o concello e a Xunta de Galicia fai posible que o legado de Carlos Maside pase a formar parte do patrimonio público de Santiago de Compostela.

O legado de Carlos Maside pode verse xa na exposición que se abriu no Pazo de Fonseca de Compostela. No acto interviron xerenta do Consorcio, Belén Hernández; o reitor da USC, Antonio López; Asunción Leiceaga, en representación da Plataforma Maside; Xulio Maside, en representación da familia do pintor; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín e o alcalde e presidente do Consorcio, Martiño Noriega. Todos destacaron o esforzo de moitas institucións e persoas para lograr que o proxecto chegara a bo porto así como a xenerosidade da familia.

A compra das  21 obras foi cofinanciada polo Consorcio de Santiago de Compostela, entidade coa que a Deputación da Coruña asinou o convenio para a adquisición da coleccións que era propiedade das persoas herdeiras de Carlos Maside. A través da colección pódese facer un percorrido pola obra artística de Maside, xa que se trata dun conxunto pictórico representativo que o autor mantivo unido co fin de mostrar ao público de maneira conxunta, sen se dispersar en coleccións particulares.

Os óleos sobre lenzo Muller sentada (1930), Paisaxe de Compostela (1931), Tenda (1933), Rapaz e Xantar (1936), Autorretrato (1937) Mercado (1950), Cacharreira (1942), Retrato de neno (1942), Retrato de nena (1943) Lavandeiras (1953) ou Costureira (1945) son algunhas das obras nunha colección que inclúe tamén obra sobre papel, como o seu autorretrato de 1937, elaborado en pastel, ou pezas en gouache, como Dúas paisanas (1946-48) ou lapis e acuarelas, como A nena do libro (1944) ou Dúas nenas (1944).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial