O Mago de Oz pasa por Ames

0

Ames, 12 de febreiro do 2019 –  O vindeiro venres, 15 de febreiro, o escenario da Casa da Cultura do Milladoiro, en Ames, converterase por unhas horas no máxico mundo de Oz, un lugar no que Dorothy, Espantallo, Homelata e León vivirán unha chea de aventuras e perigos para alcanzar os seus desexos.

O mago de Oz conta a historia de Dorothy. Unha rapaza cunha vida do máis normal ata que un día un tornado a arrinca do seu Kansas natal e a deixa no marabilloso mundo de Oz. Unha vez alí, Dorothy comezará a crer que as bruxas, os magos e a maxia si existen, e xunto a amigos que irá coñecendo neste novo lugar como Espantallo, Homelata, León e a Bruxa Glinda, percorrerá este descoñecido mundo ata atopar o famoso Mago de Oz, o único que pode devolvela á súa casa.

Avento Producións Teatrais trae a Ames este musical familiar con cancións, bailes e aventuras para toda a familia. As entradas para este espectáculo, que comezará ás 18.00h, xa están dispoñibles na Billeteira electrónica cun custo de 4 euros en tarifa xeral, con descontos do 50% para maiores de 65 anos, menores de 12 e estudantes con carné. O 10% das entradas resérvanse, como é habitual, para vender de xeito presencial desde unha hora antes do comezo do espectáculo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial