займ срочно

O máis lido do ano (2)

0

Segunda parte, e última, das novas máis lidas do 2018. Dicíamos na primeira parte que os problemas medioambientáis de Touro foron sen dúbida a nova do ano na bisbarra; no segundo semestre seguiron aparecendo entre as máis lidas aínda que da a sensación, por desgraza, de que a xente acostúmase as malas novas demasiado rápido.

Os problemas coa secretaría de Frades ou o conflito, aínda aberto, coa policía local de Ames foron outras das novas que marcaron estes últimos seis meses.

Xullo

A gastronomía, e os concursos de tapas, tiveron moitos lectores ao longo do ano. En xullo celebrouse De tapas por Galicia, no que compiten os gañadores dos concursos de tapas das sete principais cidades galegas. Nos falamos, antes da proba, co gañador do Santiago(é)Tapas, Álvaro Pérez do Artesana Gastro Bar

Este mes a segunda nova máis lida foi a chamada á búsqueda de José Beis Gómez, desaparecido en O Pino.

Agosto

En agosto volvían as malas novas a Touro. O concello acometía a canalización do río Portapego sen os permisos necesarios e de novo a veciñanza gritaba no deserto.

Este mes abría por fin un dos proxecto hostaleiros máis esperados na bisbarra. La Galiciana traía a Compostela os mercados hostaleiros de interior coa intención de converterse nunha referencia en toda Galicia. Lindeiros estivo alí e o contou.

Setembro

Coa volta das vacacións facíase visible un serio problema en Frades. A actitude da secretaria, sometendo ao concello a un parón técnico inxustificable, levaba ao BNG a abandonar o pleno como xeito de denuncia pública.

Este mes Lindeiros decidiu darse unha volta por Touro e contar como se vive o conflito da mina. Difícil posicionarse doutro xeito que non sexa en contra unha vez que se fala cos veciños.

Outubro

A posibilidade de que se abrira un crematorio no centro de Lousame foi a nova máis lida de outubro. Co tempo parece que todo quedou en nada pero o certo que chegaron a poñer o cartel.

A segunda nova máis lida tiña de novo que ver con Touro. Moito do que sucede non ten que ver directamente con problemas medioambientáis pero si coa tramitación administrativa. Este mes a empresa aseguraba ter acordos asinados co concello.

Novembro

O máis lido de novembro ten nome propio: Diego Rojo. Xa falaramos con el cando correra os cen kilómetros de Santander pero en este caso superouse e afrontou a Spartathlon, 24 horas correndo e sendo o único español en rematar.

Os problemas dos comedores escolares de Ames aparecían como a segunda nova máis lida, outro problema recorrente desde que comezou o curso.

Decembro

E rematamos o ano, tamén en Ames, coa maioría da Policía Local de baixa. Un conflito que segue aberto e con ramificacións como á dos auxiliares contratados para sustituir aos efectivos que non están.

Este mes a segunda nova máis lida viña desde Tordoia. O concello anunciaba o remata da tramitación do PXOM ao mesmo tempo que a oposición denunciaba que a documentación non estaba no concello.

Un ano intenso

Foi un ano intenso na bisbarra e para Lindeiros.gal

Queremos agradecer a tódolos lectores que nos visiten cada día. Queremos contar o que pasa na bisbarra e darlle un espazo aos concellos que a forman. Invitámosvos a que colaborades con nós por medio do correo electrónico, redaccion@lindeiros.gal ou deixando unha mensaxe nas redes sociais.

Feliz saída e entrada de ano!

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies