займ срочно

O mercado artesanal de Ordes abre o Nadal no concello

0

Ordes, 21 de decembro do 2018 –  O Campo da Feira de Ordes xa acolle o Mercado no que unha vintena de artesáns expoñen todo tipo de creacións coas que agasallar este Nadal.

O mercado de Nadal pode ser visitado de 11 a 21 horas ata o vindeiro luns, día 24. Este último día pecharase ás 14 horas. Para incentivar as ventas durante toda a fin de semana levaranse a cabo unha serie de iniciativas e promocións.

bty

Hoxe venres o carteiro real atenderá a todos os cativos dende as 18 ata as 20 horas. O sábado haberá un sorteo entre a clientela dunha cesta composta por alimentos e bebidas galegas, mentres que o domingo farase o mesmo con produtos artesáns dos que están á venda. En ambos casos o sorteo celebrarase ás 20 horas.

Este mercado tamén acolle un lado solidario. No vindeiros día calquera persoa pode doar alimentos ou produtos de hixiene infantil e para persoas adultas. O que se acade entregarase ás familias máis necesitadas do municipio.

O programa de Nadal organizado polo Concello de Ordes inclúe tamén  as seguintes actuacións e actividades:

Mércores 26 de decembro ás 18 horas na Casa da Cultura terá lugar o espectáculo de pompas de xabón ‘Os fabulosos cleaners’.

bty

Xoves 27 de decembro de 16.30 a 20 horas no pavillón Castelao 1 Gran festa de Nadal. Xogos, animacións, obradoiros, inchables, chocolate e rosca para toda a familia.

Venres 28 de decembro programación doble:

Ás 20.30 horas na Casa da Cultura cine, ‘Sicixia. Paseo polo amor e a Costa da Morte’ (non recomendada a menores de 12 anos).

Tarde de diversión no parque ‘Xuvenlugo’. Autobús gratuíto. Entrada 4,50 €. Inscricións no Departamento de Cultura ata o 21 de decembro.

Sábado 29 de decembro ás 20 horas na Casa da Cultura ‘Festival de Nadal’ coa Banda de Música de Ordes.

Mércores 2 de xaneiro ‘O tesouro de Calicó Jack’, xogo de escape hall. Actividade que se levará a cabo na Coruña para nenos e nenas a partir dos 11 anos. Entrada 12 €. Autobús gratuíto. Inscricións no Departamento de Cultura.

Xoves 3 de xaneiro ás 18 horas na Casa da Cultura espectáculo de monicreques ‘O traxe novo do rei’.

bty

Venres 4 de xaneiro de 17 a 19 horas ‘Momento doce’. Flocos e algodóns de azucre de balde para os nenos e nenas nos soportais do Concello vello.

Como cada 5 de xaneiro Melchor, Gaspar e Baltasar farán parada en Ordes. A gran Cabalgata organizada polo Concello virá repleta de agasallos, caramelos e moitas máis sorpresas. As súas maxestades pasarán varias horas cos nenos e nenas de Ordes, que terán unha ocasión idónea para recordarlle ao seu rei favorito o contido das súas cartas.

A Deputación da Coruña, a Asociación de Comerciantes de Ordes, o Curso de Habilidades Sociais e Autonomía Persoal para Persoas con Discapacidade que se imparte no Mesón do Vento e Cruz Vermella Ordes colaboran co Concello na realización e o desenvolvemento destas actividades.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies