O Milladoiro celebra as festas da Madalena

0

Ames, 4 de agosto do 2018 – Tras o Millarock, que encheu o aparcadoiro da Casa da Cultura na noite do venres, continúan as festas do Milladoiro ata o 6 de agosto.

Millarock 2018

Para hoxe sábado a música no Milladoiro correrá a cargo dos grupos Puzzle, Mar Davila e a artista Pili Pampín, para rematar co DJ Sony. mañá domingo actuarán as orquestras Unión y Fuerza e Ciclón, mentres que o luns a noite será amenizada por Alkar e Olympus. Todas as actuacións terán lugar no aparcadoiro da Travesía do Porto.

Máis programación

O domingo será o día grande das festas comezando as dez da mañá co lanzamento de bombas e un concerto da banda de música Eduardo Pondal na rúa Raxoeira. De seguido, as 12:30 horas, terá lugar a procesión dende o comezo da Avenida Rosalía de Castro ata a Capela da Madalena, seguida dunha misa ás 13:00h. A sesión vermú comezará ás 14:00h da man do trío Unión y Fuerza, que tamén actuará pola noite acompañado da orquestra Ciclón. Ditas actuacións farán unha parada ás 23.45, hora prevista para o comezo do espectáculo pirotécnico de fogos de artificio.

O último día das festas, o luns 6, haberá un pasarrúas pola mañá a cargo da charanga Tíralle do aire e outro ás 19.00 horas a cargo do grupo de gaitas Os Retranqueiros. Ás 21:00 horas terá lugar unha misa na Capela da Madalena, seguida do traslado da imaxe a súa Capela, na rúa Viorneira, ás 21:30 horas. Xa pola noite, a partir das 22:00 horas, a verbena será amenizada polas orquestras Alkar e Olympus.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies