займ срочно

O Milladoiro reclama solucións para a Nacional 550

0

Ames, 22 de xuño do 2018 – Os veciños do Milladoiro saíron a rúa convocados pola Plataforma N550 para pedir solucións ao problema de tráfico no barrio.

As oito da tarde concentrábanse no zona máis alta do Milladoiro desde onde saían portando unha pancarta que reclamaba solucións xa. Camiñaron cortando un carril ata o último tramo de baixada da Avenida Rosalía de Castro onde pararon por completo o tráfico. Tras percorrer a rotonda de entrada comezaron a subida e pitando e gritando cada vez que un camión os adiantaba. Tras chegar de novo ao punto de partida xiraron cara a Capela da Madalena onde se concentraron.

A Plataforma N550 contou co apoio de membros da Plataforma Casalonga limpa de residuos, de Teo, que tomaron a palabra para mostrar o seu apoio as reivindicacións veciñais e pedir apoio para a súa propia loita. A continuación membros da Plataforma N550 mostraron o agradecemento aos veciños por participar e os convocaron para as próximas asembleas.

Ao remate Lindeiros falaba co alcalde José Miñones que explicaba que a intención era mostrar a unidade e que esta manifestación é a primeira de moitas

O cambio de goberno en Madrid pode facilitar a comunicación co ministerio pero o alcalde indica que iso tamén pode complicar a relación do goberno coa Xunta

José Manuel Fernández é un dos membros da Plataforma N550 que destaca sobre todo a unidade conseguida entre todas as forzas políticas e os veciños

O martes membros do goberno e da Plataforma reuniranse co Delegado Provincial, Ovidio Rodeiro, e posteriormente convocaran novas asembleas veciñais para informar dos pasos dados e decidir cales serán as seguintes medidas a tomar.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies