займ срочно

O Milladoiro recolle firmas contra a N-550

0

Ames, 5 de maio do 2018 – A Plataforma N-550 saíu onte a rúa para comezar unha recollida de firmas solicitando o desvío do tráfico pesado do Milladoiro entre outras medidas urxentes que buscan humanizar o núcleo amiense.

Na recollida de firmas que comezou onte participaron membros da Plataforma e representantes de distintos grupos políticos. Mentres uns recollían firmas nunha mesa e informaban sobre as demandas outros percorreron o Milladoiro repartindo dípticos que informan das primeiras demandas do colectivo. Esta iniciativa complementarase nas próximas xornadas con puntos de recollida fixos nos que a veciñanza poda asinar en calquera momento.

A Plataforma manterá en próximas datas unha nova xuntanza para decidir os seguintes pasos. As demandas prioritarias seguen a ser o desvío do tráfico pesado e a colocación de sinais advertindo da lentitude do tráfico.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies