O Monbus Obradoiro acaba coa enerxía do Real Betis (89-70)

0

Compostela, 14 de maio do 2018 –  O  Monbus Obradoiro conseguiu a súa décimo cuarta vitoria da tempada no Multiusos Fontes  do Sar ante un Real Betis Enerxía Plus que certificou o seu descenso matemático con esta derrota (89-70).

Artem  Pustovyi comezaba inaugurando o marcador  obradoirista con tres canastras consecutivas baixo o poste, mentres que o Betis tiraba de garra desde a liña de 6,75 para manterse no encontro da man de Luke  Nelson. A defensa do rival e a falta de acerto exterior do conxunto compostelán derivaron nun primeiro cuarto igualado (19-18).

A falta de anotación nos dous primeiros minutos do segundo cuarto fixeron que a bancada de Sar alzase a súa voz para animar aos seus e apareceu en escena Alberto Corbacho quen, cun tiro de tres e unha asistencia a Navarro para triplo, puxo ao seu equipo por encima do marcador (27-22). Este foi o inicio do  arreón dos de Moncho Fernández, conseguindo un parcial de 13-0 para  descolocar ao seu rival e chegar ao descanso cun 38-27 reflectido no electrónico.

Tras o paso polos vestiarios, o  Monbus Obradoiro subiu o ritmo grazas á mellora do acerto exterior. Con  Radovic moi acertado no xogo interior e os puntos exteriores de  Simons e Thomas, o conxunto compostelán agrandaba as distancias no marcador. Tentábao o Real Betis Enerxía Plus con tiros de  Schilb,  Booker e Kelly, pero ningún anotaba. Así, cun parcial de 12-0 a falta de 4 minutos e grazas ás recuperacións que finalizaron en contraataque, o cadro  obradoirista púxose 15 puntos por encima, para finalizar o cuarto 71-43.

A pesar da diferenza no marcador, o  Monbus Obradoiro demostrou non querer relaxarse e mantivo a súa intensidade defensiva ata os instantes finais. O Real Betis Enerxía Plus, con  Urtasun tirando do seu equipo, recortou distancias (81-63,  min. 37) pero Corbacho respondía desde triplo. Moncho concedeu os minutos finais para facer que o xogador do filial, Rodrigo Gómez, debutase na pista do Fontes  do Sar entre os aplausos da afección  obradoirista.

O  Monbus Obradoiro viaxará a Tenerife o próximo fin de semana para medirse ao  Iberostar (Sábado 19, 20:00 horas) e pechará a tempada ante a súa afección o xoves 24, ás 20:30 horas, recibindo ao  Kirolbet  Baskonia.

Ficha técnica:

Monbus Obradoiro 89:  Sàbat (9),  Simons (11), Thomas (14),  Radovic (12) e  Pustovyi (13) -quinteto inicial- Corbacho (13),  Llovet (6), Pozas,  Laksa (6), Gómez, Navarro (3) e  Spires (2).

Real Betis Enerxía Plus 70:  Anosike (4),  Nelson (19),  Schilb,  Booker (5) e  Kenny (7) -equipo titular- Iván Cruz (7),  Urtasun (19),  Uriz (3),  Gacesa,  Zagorac e  Golubovic (6).

Árbitros: Óscar Perea, Rafael Serrano e  Andrés Fernández.

Parciais: 19-18, 19-9, 33-16 e 18-27.

Incidencias: Partido correspondente á trixésima segunda xornada da liga Endesa disputado no Multiusos Fontes  do Sar ante 4.874 espectadores.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies