O Monbus Obradoiro cae ante o Unicaja prexudicado pola actuación arbitral

0

Compostela, 25 de marzo do 2019 – Os tantos os anotan os xogadores pero non se pode negar que as decisións arbitrais facilitan ou entorpecen o transcurso do partido, ante o Unicaja o Obradoiro ás padeceu.

Tan inxusta viu a cousa Moncho Fernández que non puido evitar que o expulsaran por dúas faltas técnicas. O Unicaja venceu a base de tiros libres, 31 por 13 do Obradoiro, o que da tamén idea de que cousas inclinaron a balanza.

ACB-Photo-M-Pozo

O partido comezou cos locais mandando na pista e colocando un 10 a 0 no marcador. Un tempo morto de Moncho parece espertar aos santiagueses que comezou a mover ese engrenaxe    que cando está engraxado fai do Monbus un conxunto moi difícil de bater. Tanto cambiou a cousa que metéronlle un parcial de 0 a 14 e conseguiron a primeira vantaxe.

ACB-Photo-M-Pozo

unha defensa férrea e acerto nos tiros a canastra fixeron que a cousa seguira polo bo camiño, dous triples de Simons poñían no minuto 20 o 28 a 34 no marcador, unha vantaxe que subiu ata os dez puntos no 28 (38 a 48). Foi a partir de aquí cando as decisións comezaron a pesar e o Obradoiro a descentrarse.

Arredor do minuto 30 do encontro o Obradoiro encaixaba un parcial de 0 a 9. A expulsión de Moncho non axudou e os tiros libres fixeron o resto quedando un marcador final de 74 a 63 que non reflicte o sucedido nin o traballo do equipo.

ACB-Photo-M-Pozo

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial