O  Monbus Obradoiro comeza a pretempada gañando

0

Compostela, 3 de setembro do 2018 – Bo comezo de pretempada para o  Monbus Obradoiro que comezou gañando, ao  Montakit Fuenlabrada, no primeiro partido do circuíto Movistar celebrado en Guadalajara.

O encontro para o Obradoiro foi un intenso combate que acabou gañando na prórroga por 94 a 100 e demostrando un ano máis que o esforzo é unha das principais virtudes do equipo.

O  Monbus abriu con dous triplos o partido e aos  catro minutos o marcador estaba xa en 4 a 16 para os de Moncho. A partir dese momento o  Montakit Fuenlabrada comezou a espertar e un parcial de 8-0 meteunos no partido.

ACB Photo

ACB Photo – E.Cobos

O segundo cuarto comezaba con 19-23 no luminoso. Poucos puntos e moita defensa marcaron esta etapa ata que un triplo de  Marko  Popovic cambiou a dinámica e puxo aos de Fuenlabrada por diante por primeira vez, 27-25. Con todo Pepe Pozas conseguía empatar o partido antes de irse ao vestiario quedando o marcador en 37-37.

O partido continuou no terceiro cuarto dependendo dos triplos, un de Andreas  Obst iniciaba un parcial que un lanzamento de  Kendall  Stephens pechaba en 0-8 para chegar ao minuto 24 con 42-51 no marcador. A máxima vantaxe do  Monbus chegou a ser de 11 puntos pero unha vez máis os madrileños iniciaron unha remontada que os colocou en 50-56 cando faltaba un minuto para terminar o terceiro cuarto que acabaría finalmente en 56-61 e todo por decidir.

Imaxe ACB Photo

ACB Photo – E.Cobos

A remontada  fuenlabreña continuou ata poñerse a só tres puntos. Un triplo de Nacho  Llovet devolvía certa tranquilidade a un  Monbus Obradoiro que non conseguía distanciarse. As primeiras canastras do últimos cinco minutos beneficiaban ao Obra. Un erro do  Montakit permitiu ao  Monbus coller unha  pequena distancia pero Álex Llorca desde a liña de triplo e  Marko  Popovic atopando o oco na férrea defensa rival poñían ao seu equipo novamente con opcións no último minuto do partido cun 81-83.

A 14 segundos para o final, Pepe Pozas anotou un dos dous tiros libres de que dispuxo, solicitando entón tempo morto o técnico  fuenlabreño para deseñar a que podía ser a última xogada do partido. Marko  Popovic anotou cando só transcorreran catro segundos no reloxo, 83-84, obrigando entón a Moncho Fernández a pedir tamén un tempo morto. Unha falta de  Eyenga sobre  Vasileiadis levou ao grego á liña de persoal, aproveitando este os seus dous lanzamentos, 83-86. Só quedaban cinco segundos para o final, tempo suficiente para que  Christian  Eyenga cruzase a pista e acertara o triplo que levaba o partido á prórroga 86-86.

No tempo extra, a iniciativa tomouna o  Monbus Obradoiro, saíndo primeiro vitorioso na loita desde o tiro libre e forzando despois os erros dun rival que cobrou cara a súa derrota.

O Obradoiro leva a primeira vitoria desta pretempada. O circuíto continúa e hoxe luns enfrontarase ao  UCAM Murcia a partir das seis da tarde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial