O Monbús Obradoiro fomentará o baloncesto nos colexios de Ordes

0

Ordes, 1 de xuño do 2019 – Ao longo da vindeira semana o Monbús Obradoiro e a Fundación Heracles levará a cabo unha serie de charlas nos colexios de Ordes (Castelao, Campomaior e O Mesón do Vento) coa intención de fomentar o baloncesto estre os rapaces.

Para por en marchar este ciclo de charlas, o alcalde e a concelleira de Deportes de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo e Ana Soneira, reuníronse co director da citada fundación, Pepe Casal. A iniciativa está especialmente dirixida aos nenos e nenas con idades entre 6 e 12 anos e desenvolverase en horario escolar. Nestes encontros co alumnado, nos cales participarán tanto membros da fundación como xogadores dos equipos base do Monbús Obradoiro, abordaranse todo tipo de cuestións relacionadas coa práctica do baloncesto.

O principal obxectivo é o fomento desta modalidade deportiva no ámbito da poboación estudantil ordense. Unha medida que, tanto por parte do Concello de Ordes como pola do Monbús Obradoiro Fundación Heracles, espérase que derive na posta en marcha de esta actividade deportiva ao nivel de categorías base.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial