O Monbus Obradoiro non pode co Real Madrid

0

Compostela, 15 de abril do 2019 – O  Monbus Obradoiro visitou a cancha do Real Madrid buscando facerse coa duodécima vitoria da tempada, pero os de Pablo  Laso romperon o partido conseguindo vantaxe no marcador na segunda parte grazas ao seu acerto (94-70).

Igualdade de intensidade

ACB Photo – P. Castillo

Os de Moncho Fernández tiñan claro que o partido ante o Real Madrid esixiría estar brillantes tanto en defensa como en ataque e saíron con uñas e dentes a por o partido. Guiados por Ben  Simons e  Kyle  Singler inspirados na longa distancia, os  obradoiristas conseguiron igualar o ritmo dos madrileños e atopar accións de tiro cómodas que lles mantiñan no partido.

Duelo de triplos

ACB Photo – P. Castillo

Thompkins rompeu o xeo e inaugurou o electrónico do partido cun triplo, unha premonición do que os espectadores vivirían ao longo do encontro. Os dous conxuntos anotaron un total de 30 triplos, quedando moi preto do actual récord. Precisamente, os de Moncho Fernández e Pablo  Laso foron os encargados de establecer o actual récord de triplos na ACB, anotando entre os dous un total de 36 partidos no partido disputado en decembro de 2017 en Sar.

As faltas  maniatan aos  obradoiristas

Se algo freou ao conxunto galego foron as faltas. O seu xogador máis inspirado, Ben Simons, tivo que irse ao banco ao cometer tres faltas no primeiros cinco minutos, anotando ata ese momento tres triplos sen fallo. Todos os xogadores  obradoiristas acabaron o partido con faltas. En total, os composteláns cometeron 24 persoais fronte ás 12 sinaladas aos brancos. No descanso, os de Moncho Fernández só acudiran á liña de tiros libres en dúas ocasións, cifra que se mantivo ata o final do encontro, fronte ás 19 dos madrileños.

Acelerón branco

Tras o paso polos vestiarios, comezou a segunda parte con todo por decidir ao ter o Real Madrid tan só dous puntos de vantaxe (45-43). Pero no terceiro cuarto comezou o festival de acerto branco, impoñendo o seu ritmo e non deixando que os obradoiristas se  sentisen cómodos en ataque. O Real Madrid pisou o acelerador, conseguindo unha vantaxe no electrónico de ata 16 puntos no terceiro cuarto que tentou axustar o  Monbus Obradoiro pero a falta de acerto pesou na mente, cometendo erros de concentración. A vantaxe disparouse  e o encontro finalizou cun 94-70 no marcador.

ACB Photo – P. Castillo

O vindeiro sábado, ás 20:30 horas, os  obradoiristas reciben na  Caldeira ao Montakit Fuenlabrada. Para este partido cada abonado pode comprar un máximo de catro entradas en Tarifa Adulto a 5€ en Fondos, a 6€ en Tribuna 2, a 7€ en Tribuna 1 e a 8€ en Tribuna  Retráctil (ata esgotar localidades dispoñibles para a venda) para convidar a eses amigos ou familiares que non se queiran perder este partido.

Os abonados poden facerse con estas entradas nas oficinas do club ata o mércores 17 de abril, ás 20:00 horas, ou a través da súa conta de abonados na páxina web do club, ata o día do partido ás 18:00 horas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial