O Monbus Obradoiro non puido co Baxi Manresa e cae 90 a 97

0

Compostela, 24 de decembro do 2018 – O Monbus non foi quen de frear ao Baxi Manresa e caeu no Fontes do Sar nun encontro moi igualado ata o resultado final de 90 a 97.

 A boa nova do partido foi a recuperación de Pepe Pozas que volvía tras recuperarse da súa lesión no ollo tras cinco semanas afastado das pistas. O capitán  obradoirista tivo minutos para poder ir collendo ritmo e axudar a  Sàbat e Navarro na dirección do equipo.

Kostas  Vasileiadis, acertado

Bandexa de Nacho llovet, ACB Photo – X. Cortizo

A igualdade mantívose durante practicamente todo o partido, no que ambos os equipos intercambiábanse canastras pero ningún conseguía vantaxe. Do banco compostelán destacou  Kostas  Vasileiadis, que saíu moi  enchufado desde o primeiro minuto. O grego mantivo ao seu equipo no marcador grazas ao seu acerto desde a liña de 6,75 e terminou o partido como máximo anotador con 26 puntos.

O refacho de  Toolson

Se algo tiñan claro os de Moncho Fernández era a calidade dos xogadores do  BAXI Manresa. E quen deu un golpe sobre a mesa no terceiro cuarto foi  Toolson para poder axudar ao seu equipo para recortar a distancia que conseguira o conxunto obradoirista. O xogador anotou nin máis nin menos que 17 puntos consecutivos, inxectando ao seu equipo a enerxía necesaria para finalizar o terceiro cuarto por diante (74-75).

Tiro de Kostas Vasileiadis
ACB Photo – X. Cortizo

Perdidas as batallas do 1×1 e o balance defensivo

O  Monbus Obradoiro atascouse no aspecto defensivo, vendo como era superado polo seu rival no 1×1, chegando a cometer moitas faltas que os penalizaban. Erraron tamén os de Moncho Fernández no balance defensivo, recibindo puntos en contraataque que facían que a distancia no marcador aumentase.

Falta de acerto

Bandexa de Andreas Obst
ACB Photo – X. Cortizo

A  igualdade mantívose no marcador tamén no último cuarto. Tentaban distanciarse os  obradoristas pero os de Joan  Peñarroya plantáronse cunha zona que difícil de superar ante a falta de acerto. Este aspecto afectou aos  obradoiristas, aínda así os de  Mocho Fernández nunca se renderon e pelexaron ata os segundos finais para que a vantaxe no marcador fose a mínima (90-97).

O  Monbus Obradoiro volverá ao traballo para preparar o próximo partido lonxe de Sar ante o Barça  Lassa, o sábado ás 18:00 horas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial