O Monbus Obradoiro sorprende ao Tecnyconta Zaragoza (78-86)

0

Compostela, 10 de decembro do 2018 – Un  Monbus Obradoiro de récord rompe o maleficio na pista do  Zaragoza por 78-86, unha cancha na que nunca conseguira gañar con anterioridade.

Acerto  obradoirista

FRAN-VAZQUEZ-MATE-VLADIMIR-BRODZIANSKY-ACB-PHOTO-E.CASAS-

Saíu o  Monbus Obradoiro  enchufado. No primeiros dez minutos  Vasileiadis e  Singler foron os encargados de anotar todos os puntos  obradoiristas.  Kostas finalizou o primeiro cuarto xa con 4/5 en triplos e  Kyle con nove puntos, dando unha renda de 9 puntos ao seu equipo.

Cando  Kostas sentou tivo a substitución de Ben  Simons. O xogador, xa recuperado da súa lesión, volve coller ritmo e anotou 4 dos seus 6 intentos desde 6,75.

Ante as baixas e lesións, todos os xogadores  obradoiristas deron un paso adiante. Mentres  Sàbat encargábase de ordenar o ataque e repartir asistencias (11 en total),  Llovet pechaba o rebote (11 capturas) e  Brodziansky movíase no terceiro tempo con soltura sobre a pintura (10 puntos).

KYLE-SINGLER-BANDEJA-JONATHAN-BARREIRO-NACHO-MARTIN-ACB-PHOTO-E.CASAS

Traballo defensivo

Loitou e non perdeu a paciencia o  Monbus Obradoiro na defensa. A vitoria fundamentouse en varios aspectos e un deles foi o gran traballo defensivo. Os de Moncho Fernández souberon frear o habitual ritmo de xogo do  Tecnyconta Zaragoza e respondeu moi ben no 1×1.

Melloría no rebote

Falaba Moncho Fernández na previa do partido de que o rebote sería un aspecto fundamental para facerse co encontro e os seus xogadores saltaron á pista moi concienciados. Así, os composteláns melloraron neste aspecto con respecto aos últimos partidos e fixéronse, en total, con 39 capturas.

Kostas  Vasileiadis, de récord

O xogador grego mostrou a súa mellor versión en Zaragoza con 33 puntos anotados grazas a un 10/18 en triplos e 3/3 desde a liña de tiros libres. Así,  Vasileiadis superou o récord de triplos dun xogador do  Monbus Obradoiro nun partido da liga Endesa, que estaba en oito, e anotou nin máis nin menos que dez.

E isto non é todo. O beirado  obradoirista igualou a terceira mellor marca histórica de triplos dun xogador nun encontro da liga Endesa. O máximo foi de 12 en man de  Jacob  Pullen, e 11 de Óscar  Schimdt. Foi o sexto home que alcanza a decena con  Popovic,  Mason,  Dean,  Simpson e  Sibilio.

VLADIMIR-BRODZIANSKY-MATE-ACB-PHOTO-E.CASAS

As 100 vitorias de Moncho Fernández

Con esta vitoria do conxunto  obradoirista na cancha de  Tecnyconta Zaragoza, Moncho Fernández conseguiu a cifra redonda de 100 vitorias en Liga Endesa. O técnico compostelán asina así un balance de 100 vitorias por 160 derrotas nos seus 260 partidos como primeiro adestrador na competición.

O  Monbus Obradoiro prepara xa a próxima xornada, na  Caldeira  do Sar ante a súa afección, o vindeiro sábado, ás 20:30 horas, recibindo ao Movistar Estudantes no Partido do Xoguete. Aqueles afeccionados  obradoiristas que entreguen en oficinas un xoguete novo poderán comprar ata catro entradas, en Tribuna 2, a 12€ cada unha, para ese partido (ata esgotar localidades dispoñibles para a venda).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial