займ срочно

O Monbus Obradoiro subcampión do IV Torneo EncestaRías

0

Compostela, 10 de setembro do 2018 – O Obradoiro non puido co UCAM Murcia e rematou como subcampión un dos torneos clásicos de pretempada, o EncestaRías de Vilagarcía.

O Monbus chegou con catro baixas ao EncestaRías, Simons, Spires, De Zeeuw y Stephens, o que poñía de saída nunha situación complicada, con todo os de Moncho Fernández sacaron esa rabia que caracteriza ao equipo e a 5 minutos do remate chegaron a poñerse a 3 puntos.

O Obradoiro CAB atopouse no primeiro cuarto cun rival cun alto físico e intensidade. Oleson daba vantaxe ao seu equipo con tres triplos en apenas uns minutos, que foron respondidos polos dous do  obradoirista  Obst. As tres faltas de Vermellas, unha delas  antideportiva sobre Pozas, levou aos de Moncho Fernández á liña de tiros libres, conseguindo así axustarse o marcador para finalizar o primeiro cuarto (18-24).

Buscou Moncho Fernández rotar o seu banco. Tentábano desde a pintura  Llovet e  Brodziansky pero a intensa defensa murciana non lles permitía anotar. Por fóra Pozas, coas súas canastras imposibles, e  Laksa mantiñan ao seu equipo desde a liña de 6,75 pero os de  Javi Juárez seguían por diante.  Vasileiadis tivo que sentar ao notar dor no xemelgo dereito e xa non puido xogar o resto do partido. Un triplo sobre a bucina dos murcianos deixou o partido 37-48 ao descanso.

Tras o paso polo vestiario,  Todorovic, con oito puntos consecutivos, e logo Vermellas regresando a pista, ampliaron a distancia no marcador. Os  obradoiristas non conseguían recortar diferenzas e terminou o cuarto 59 a 75.

Cando parecía que todo estaba decidido, o  Monbus Obradoiro tirou de carácter e orgullo, apertou en defensa e atopouse cómodo en ataque para ir reducindo aos poucos o marcador. A falta de aínda seis minutos para o final, o conxunto compostelán estaba a once puntos. Tras un parcial de 5-0 de Navarro, e sentindo o apoio da afección  obradoirista na bancada, o  Monbus Obradoiro mantívose na pelexa por facerse coa vitoria. Pero un triplo de  Booker e unha perda de balón no seguinte ataque  obradoirista, que finalizou en contraataque murciano, despexou as dúbidas e o partido finalizou 83-91, quedando o  Monbus Obradoiro subcampión do IV Torneo  EncestaRías de Vilagarcía de Arousa.

Lesión de Spires que é duda para a Supercopa

Nick  Spires, será baixa durante dúas semanas e é dúbida para a  Supercopa. Así o confirmaron os servizos médicos do club tras realizarlle varias probas no seu nocello dereito. Spires lesionouse durante o primeiro partido da pretemporada que o equipo disputou ante  Montakit Fuenlabrada no Circuíto Movistar de Guadalaxara. O xogador non disputou o segundo encontro do torneo debido á dor que sufría. Tampouco puido completar as sesións de adestramento semanais nin participar no Torneo EncestaRías de Vilagarcía de Arousa deste fin de semana.

O pivote sofre unha importante escordadura de nocello con considerable afectación ligamentaria e  tendinosa que lle obriga a traballar á marxe do equipo para recuperarse estando nas mans do fisioterapeuta do club, Tomás  Richartz. Así, o xogador non poderá viaxar para cumprir os compromisos coa súa selección, está descartado para disputar a semifinal da Copa Galicia do próximo domingo 16 de setembro e as probas médicas detallan que é seria dúbida para a  Supercopa Endesa 2018.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies