займ срочно

O Montakit Fuenlabrada remóntalle 21 puntos ao Obradoiro e lévase a vitoria de Sar

0

Compostela, 22 de abril do 2019 – Íñigo  Caínzos  – Lindeiros – Ata a prorroga loitaron Obradoiro e Montakit pero os de Fuenlabrada, despois de remontar 21 puntos, non ían deixar escapar a vitoria (101 a 104).

O Montakit Fuenlabrada e o Monbus mostráronse moi imprecisos no comezo do encontro. Foi un  correcalles no que ningún dos dous equipos lograba acertar en ataque. Os santiagueses, que facían moi ben as cousas na retagarda, foron incapaces de sacar réditos no outro lado da cancha. Corrían os galegos, pero pecando de precipitación.

Imaxe ACB Photo – X. Cortizo

O acerto  triplista dispara ao  Monbus Obradoiro

Co paso dos minutos fóronse entoando os  cañoneros galegos. Primeiro foi Kostas  Vasileidadis. Despois,  Andi  Obst e Ben  Simons  ajusticiaron o aro do  Montakit Fuenlabrada sen  miramientos. Na primeira metade o acerto  obradoirista foi moi elevado. Con poucas noticias do xogo interior, máis aló dun soberbio  Spires, o Monbus Obradoiro recorreu con insistencia ao tiro de tres.

Imaxe ACB Photo – X. Cortizo

Mentres os lanzamentos entraron, o  Monbus Obradoiro voaba no marcador, deixando atrás ao  Montakit Fuenlabrada. Os locais seguiron traballando moi ben en defensa, xa que só  Eyenga e en menor medida  Kemp e  Rowland conseguiron superar o armazón na retagarda dos locais. Pouco antes do descanso, o Monbus Obradoiro gobernaba o partido con man de ferro (50-29), cun Montakit Fuenlabrada incapaz de frear as acometidas  obradoiristas.

Apagamento en ataque e afundimento en defensa

Con todo, o combinado madrileño soubo aferrarse ao partido cun 0-7 nun dicir amén. Ao  Monbus Obradoiro deixáronlle de entrar os triplos, as conexións interiores seguiron  cortocircuitadas, e o  Montakit Fuenlabrada recuperou moral xusto antes do descanso (50-36).

A desvantaxe de 14 puntos desapareceu pronto. Á falta de anotación galega uníuselle o derrube defensivo na segunda metade. Fuenlabrada empezou a correr, a surcar a cancha e a castigar co 1×1 á defensa santiaguesa, que se  desmoronou co paso dos minutos. Os de  Cuspinera interpretaron as dúbidas do  Monbus Obradoiro e  volteraron o marcador no tramo final.

Reacción e prórroga

Imaxe ACB Photo – X. Cortizo

Reaccionaron da man o  Monbus Obradoiro e Sar. A afección entendeu que o equipo necesitaba auxilio e acudiu no seu rescate nos momentos máis críticos.

Cando parecía encarrilar o partido o  Montakit Fuenlabrada, a escuadra de Moncho Fernández deu unha última rabexada para mandar o partido á prórroga.

No tempo extra seguiu a tendencia da segunda metade. O  Monbus Obradoiro, que encaixara 52 puntos no segundo acto, non foi capaz de frear a Paco Cruz na prórroga. O base mexicano (26 puntos, 26 de valoración), cavou a tumba do equipo santiagués que seguiu sen tirar a toalla. O  Monbus Obradoiro tentouno e tivo unha opción para empatar na última xogada, pero sen fortuna.

Tras o tropezo, o  Monbus Obradoiro afrontará os dous próximos duelos lonxe de casa, contra  Delteco  GBC (sábado 27, 20:30 horas) e contra  Morabanc Andorra (domingo 5, 17:00 horas), antes do dobre desafío canario no Fontes  do Sar.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies