займ срочно

O Monte do Gozo saltou na primeira xornada do Son do Camiño

0

Compostela, 14 de xuño do 2019 – A primeira xornada do Son do Camiño 2019 deixou boas sensacións musicais e pes cansos pola distancia desde os aparcamentos.

A chuvia respectou a primeira xornada que tivo no serán como protagonistas aos Royal Republico, unha banda que merecía un horario máis axeitado, un dos mellores concertos da xornada cando aínda estaba chegando moita xente.

A noite comezou cos londinenses Bastille no escenario grande, cun público entregado e que coreaba todas as cancións. Os fans quedaron sorprendidos cando o cantante saltou ao foso desde unha esquina, votando a correr polo medio da xente para subir de novo ao escenario polo lado oposto.

O público tamén coreou as cancións de Beret a continuación. Sabían todas as letras e o demostraban en cada tema. El foi o encargado de pechar o escenario pequeno o primeiro día.

A partir da media noite o Monte do Gozo foi unha discoteca. Os africanos Die Antwoord levaron ao límite a capacidade dunha persoa normal de soportar notas graves. A continuación, máis alá das dúas da mañá, os irmáns Dimitri Vegas e Like Mike seguiron coa sesión disco. Son hoxe en día dos máis respectados DJ e a cantidade de público que aguantou ata esas horas o demostrou.

Coma sempre un cartel de artistas é moito mellor na práctica que nas conversas previas. O Son do Camiño volve a ter unha programación máis que interesante e cun público moi amplo.

Ivan Ferreiro, Rosalía e os agardados Black Eyed Peas, con Will I Am pero sin Fergi, son os pratos fortes de esta tarde e alí estaremos para contalo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies