O Museo Casa da Troia pecha a temporada este sábado

0

 Mantén a cifra de visitas dos últimos anos, que entre Semana Santa e o verán aproxímase a 1.900. “Una alegría ver a mi padre vestido de tuno y en una de las fotos de este maravilloso museo. Desde Puerto Rico con todo nuestro caluroso cariño”, é un dos comentarios no libro de sinaturas

 Santiago, 01/09/2016 – O Museo Casa da Troia pecha as súas portas este ano o vindeiro sábado, 3 de setembro, que será o último día aberto. Na temporada de verán adoitan visitar o museo romántico cidadáns de Europa e América, que sumando a Semana Santa e este verán ronda a cifra de 1.900. É un dos centros turísticos especialmente valorados nas plataformas e redes sociais, ademais dos eloxiosos comentarios que deixan no libro de sinaturas da vella pensión estudiantil, recreada co ambiente propio de finais do século XIX.

Unha das últimas visitas recibidas polo museo

Unha das últimas visitas recibidas polo museo

O director do museo, Benigno Amor, indica que o relevante é, que cando está aberto, soe haber visitas ao longo de todo o día. “A Casa da Troia foi a vella pensión de estudantes que inmortalizou Pérez Lugín na súa novela de 1915. Ademais das camas, dormitorios, cociña e sala de becas de tuna e recordos, pode verse como está recreada ao estilo da época, onde destacan unha vitrina con instrumental médico, vaixelas antigas e unha variada colección das múltiples edicións da novela homónima, cada unha coa súa capa ilustrada correspondente. Sen esquecer as vistas das torres da catedral desde a última planta”, segundo subliña Amor.

Carmen Lorenzo e Marta Rúa fan as visitas guiadas, tamén en inglés. O libro de sinaturas do museo recolle glosas evocadoras dos tempos estudiantís e de agradecemento ás persoas que miran polo seu coidado e difusión. Entre as últimas figuram comentarios como estos: “Una alegría ver a mi padre vestido de tuno y en una de las fotos de este maravilloso museo. Desde Puerto Rico con todo nuestro caluroso cariño”; “Muy hermoso el museo y muy buena la guía. Nos vamos a Argentina llevando la historia de la Casa de la Troya”; e o dun coreano agradecendo precisamente que se lle explicase o museo en inglés.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial