O Museo das Peregrinacións acolle a exposición “Inmaterial. Patrimonio e memoria colectiva”

0

Compostela, 16 de abril do 2019 – Desde as doce do mediodía, hora na que será inaugurada, o Museo das Peregrinacións en Compostela acolle a exposición “Inmaterial. Patrimonio e memoria colectiva“.

A mostra “Inmaterial. Patrimonio e memoria colectiva”  está organizada polo Ministerio de Cultura e Deporte e a Xunta de Galicia. Inclúe case un centenar de imaxes, procedentes na súa maioría do fondo documental do Instituto do Patrimonio Cultural de España ( IPCE) e realizadas por  Eustasio Villanueva, Baltasar  Cue, Luís Escobar, Pedro Ibarra, Cristina García  Rodero,  Otto  Wunderlich ou Jean Laurent, entre outros fotógrafos.

A exposición

A exposición, que permanecerá aberta ata o 30 de xuño, divídese en 11 grupos temáticos, que explican o sentido do Patrimonio Inmaterial e fan un repaso das súas manifestacións máis importantes. Os dous primeiros conxuntos, “A transmisión da cultura” e “Os protagonistas da transmisión”, preséntannos a cultura como un conxunto de prácticas e discursos que se transmiten de maneira informal, en todos os ámbitos da vida cotiá.

A continuación, outros 9 grupos mergúllannos nos escenarios da cultura: “A sociabilidad”, “A auga”, “A alimentación”, “O pastoreo”, “A pesca”, “A olería”, “O transporte”, “Os oficios ambulantes” e “Os rituais festivos”, máis un audiovisual didáctico. Diferentes ámbitos nos que as persoas representadas nas fotografías relaciónanse e interactúan en contextos festivos, laborais ou domésticos, compartindo códigos, poñendo en práctica saberes e relacionándose segundo pautas tradicionais; situacións todas que, en boa medida, aínda hoxe resúltannos familiares a comprensibles, a pesar do cambio socio-económico, que resulta moi visible.

A participación activa do espectador constitúe o complemento necesario para dar un sentido completo a esta mostra. Fronte a estas imaxes evocamos os coñecementos técnicos de actividades laborais que coñecemos na nosa infancia, os sentimentos afectivos ou lúdicos e as regras sociais que rexen as relacións humanas. A exposición pon en xogo os nosos propios coñecementos e con iso tomamos conciencia da vitalidade e actualidade do Patrimonio Inmaterial e do noso carácter como depositarios e protagonistas do mesmo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial