займ срочно

O Museo do Pobo conversa sobre máscaras, sermóns e alimentación no Entroido

0

Compostela, 28 de febreiro do 2019 – O Museo do Pobo Galego celebra hoxe xoves unha nova palestra sobre o Entroido en Galicia, si na anterior edición falouse da historia e da recuperación do Entroido de Arcos (Mazaricos) hoxe tócalle a quenda as máscaras, os sermóns e alimentación.

A cita coa historia do Entroido comeza as sete e media da tarde. Partindo dos traballos de Antonio Fraguas, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, a antropóloga Paula Godinho e o etnógrafo Xosé Manuel González Reboredo falarán de máscaras, momadas, sermóns e da importancia da alimentación nas celebracións entroideiras de Galicia.

O Museo do Pobo Galego comezou este ciclo de palestras en 2013 procurando amosar a riqueza e diversidade do Entroido a través de diferentes exemplos de recuperación de máscaras e da reflexión académica en torno a esta festa. Nestes sete anos achegáronse ao Museo, entre outros, os Merdeiros de Vigo, os Volantes do Entroido Ribeirao de Chantada, as Madamas e Galáns de Meira (Moaña), as bonitas de Sande ou o Entroido de Arcos (Mazaricos). Máscaras, que grazas ao pulo de colectivos e asociacións cívicas, volven saír as rúas.

 A entrada é de balde ate completar aforo. Esta actividade conta coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela.

Paula Godinho

Antropóloga e profesora asociada no Departamento de Antropoloxía da Facultade de Ciencias Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa. Investigadora do Instituto de Historia Contemporánea. Realizou e realiza o seu traballo de campo en Portugal, na raia e en Galicia. Os temas que nos que centra as súas investigacións son amplos e variados: usos políticos da memoria e prácticas patrimoniais, turistificación e mercantilización da cultura, topografía do poder, culturas fronteirizas e nacionalismo da diáspora, resistencia e movementos sociais, festivos e rituais.

Xosé Manuel González Reboredo

Etnográfo. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago. Especializouse en prehistoria e en etnografía galega. É colaborador e membro do padroado do Museo do Pobo Galego e membro da sección de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega. 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies