O Nadal pasou pola bisbarra

0

Bisbarra, 2 de xaneiro do 2019 – Un ano máis o Nadal foi unha época chea de actividades na bisbarra, os concellos enchéronse de programación para todo o mundo pero en especial para os máis cativos.

Ames

Cada ano os técnicos dos concellos buscan entreter aos veciños en Nadal e, na medida do posible, colaborara na conciliación das familias nunha época na que pechan os colexios.

Boqueixón

Os obradoiros foron unha das principais bazas para pasar o tempo. Na bisbarra falouse de gastronomía, tecnoloxía, adornos, e un montón máis de disciplinas coas que, ademais de pasalo tempo, aprender algo.

Frades

Os mercados de Nadal cobran cada vez máis importancia. Ao xa clásico Mercado da Estrela de Compostela sumouse o ano pasado o da Carreira do Conde. Ordes, Oroso e Ames foron outros dos concellos que abriron mercados de artesanía que seguramente volverán no Nadal do 2019.

O Pino

Os concertos foron tamén protagonistas e desde a real Filharmonía ata as distintas Bandas de música e as escolas dos concellos tiveron o seu concerto de Nadal. A Real Filharmonía non rematou aínda xa que este venres estará no Teatro Principal co concerto de Reis.

Ordes

As compañías de teatro e artistas de todo tipo traballaron arreo este Nadal. Posiblemente os Fabulosos Cleaners e o seu espectáculo de polpas de xabón foron dos máis requeridos e, tamén, dos máis celebrados.

Oroso

Por suposto os cativos tiveron visitas e festas. Papá Noel, o Apalpador, paxes reais e aínda quedan por chegar os Magos de Oriente. Todos pasaron pola bisbarra deixando un montón de sorrisos. As facianas volverán a iluminarse o próximo sábado cando as carrozas dos Reis cheguen a tódolos concellos porque, non esquezamos, que son Magos e polo tanto multiplícanse para estar en todas partes e con todo o mundo.

Rois

Silleda

Touro

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial