O Noia arrinca un punto e o Santiago volve as derrotas

0

Bisbarra, 3 de decembro do 2018 – Regular resultado dos equipos da bisbarra na segunda división do Futsal nacional, o Noia arrinca un punto aínda que mereceu máis e o Santiago volve as derrotas pese a xogar ben.

Empate do Noia que sabe a vitoria

O Noia tira un punto do partido ante o Real Betis nun partido que se presumía complexo, os galegos recen saídos dos postos de descenso directo e os andaluces sendo os menos goleados da categoría.

Comezaba o partido e os noieses pronto deixaron claras as súas intencións de non poñerlle as cousas fáciles aos líderes con dúas chegadas perigosas de Dani Colorado á portería local, que ao final non subiron ao luminoso. A que si subiría sería a primeira dos andaluces, no minuto 2, sendo Víctor López quen o conseguiría cun tiro desde a banda. Despois deste primeiro tanto, os galegos non  se renderon e a intensidade seguía intacta no  Amate sendo un ida e vinda de ocasións para ambos os bloques, un ritmo trepidante que rompería  Marci co tanto marcado aos 5 minutos tras un tiro que bate en Elías  Beltrán e entra na portería  bética. Tanto que rompería o ritmo do partido xa que os locais pronto empezaron a ceder pista e os de  Marlon Velasco comezarían unha acometida sobre a portería de  Cidao nos últimos minutos deste primeiro tempo, perdoando demasiado.

Tras o paso por vestiarios Marlon Velasco aposta polo mesmo quinteto do inicio. Co 1 a 1 no marcador o bloque noiés saían en busca dunha vitoria e así o poñía  sobreaviso  Marci que repetiría a xogada do primeiro tempo, picando o balón pero que a  Cidao xa non lle colleu de imprevisto.

O guión era o mesmo do da primeira parte, xa que despois desta clara ocasión para adiantarse no marcador os noieses, serían os  béticos quen subiría o terceiro da tarde ao electrónico andaluz; sendo o segundo para a conta do equipo local.  Burrito sería quen asinase o segundo tanto  bético. Na seguinte xogada, sería o Noia quen arrincaría os aplausos da afección tras unha moi boa contra. Dani conduce o esférico que pasa a  Xuxa e este non dubida en bater ao porteiro  Cidao cunha vaselina. A partir das táboas no luminoso o partido crece en intensidade… O partido adquiría, outra vez, o ritmo de ida e volta con ocasións para ambos os bloques. No 28’ Daniel  Ibañes sae co xogo de cinco, con  Cidao como o quinto. No 29’ chegaría a pena máxima por man dentro da área que materializaría Borja Branco adiantando aos seus, vantaxe dun gol que ampliaría  Tobe cun magnífico gol que comezaría co pase de  Ciado de portería a portería onde esperaba o balón  Burrito e este tras o control do mesmo pásallo a  Tobe quen non dubida en bater a Carlos subindo o 4-2 ao marcador.

Así as cousas, parecía que as posibilidades de puntuar en  Amate se  desvancecían para os de  Marlon Velasco pero a xenialidade de  Marci chegaría no 32’ acurtando distancias cun tiro excepcional e a falta de cinco segundos para o final Dani Colorado aproveita un mal saque de  Cidao, no que se interpón e a sorte fai que o esférico bata no corpo do  pivot noiés e introdúzase na portería  bética subindo o  último tanto da tarde ao electrónico cuxa imaxe se conxelaría cun 4- 4 final.

Empate xusto nun partido moi disputado no que o bloques noiés non renunciou a unha suma que se prevía complicada e tal e como se viu, non foi imposible.

Bo partido do Santiago Futsal que non chega para gañar

A firmeza do Santiago  Futsal non puido frear ao Software DO SOL  Mengibar.  A escuadra santiaguesa tratou de “ti a ti” a un dos equipos máis en forma do a Segunda División, ao que puxo contra as cordas co 0-1 inicial obra de Lucas aos 9 minutos de iniciarse o encontro.

Co marcador a favor, o Santiago  Futsal envorcouse ao ataque, buscando abrir unha brecha maior no marcador; mesmo con xogo de cinco e con presión alta á saída de balón local podendo anotar o 0-2 con  Zequi portando a elástica de porteiro pero que salvou o meta local sobre a liña de gol. Software DO SOL  por medio de Mengibar beneficiouse dunha xogada a balón parado para anotar o 1-1, non sen algo de fortuna tras tocar o balón en dous xogadores celestes. Emilio  Buendía aproveitou un pase de Fran Pena a falta de dous minutos do descanso para adiantar aos seus por primeira vez no partido.

O encontro entrou nunha dinámica máis rápida no segundo acto. Os de Santi Valladares, en busca do gol do empate, precipitábanse ao ataque pero a defensa xienense era efectiva nas súas accións. Superado o  ecuador da segunda parte cometéronse unha sucesión de faltas que comportou a que os galegos sumasen cinco faltas con 5 minutos por xogarse para o final.

Alex Pérez, que no primeiro tempo salvara un man a man ante  Ureña, volveu mostrarse seguro nunha acción ante Emilio  Buendía.

No 37’  Brian saíu ao campo coa elástica de porteiro-xogador e tras un tiro potente que se marchou alto,  Ureña anotou o 3-1 sen tempo a que o xogador recuperará a súa posición baixo paus.

Finalmente  Colacha anotou para os seus o 4-1 sobre a bucina para pechar un encontro que se tornou negativo para o Santiago  Futsal a pesar do seu gran traballo e empeño defensivo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial