займ срочно

O Noia cesa ao adestrador tras empatar e o Santiago Futsal volve a perder

0

Bisbarra, 29 de outubro do 2018 – O Futsal da bisbarra na segunda división nacional segue con problemas e no caso do Noia Portus Apostoli iso tivo unha primeira consecuencia na destitución de Julio Mougan como adestrador.

Un empate que non chega

Nun conciso comunicado o Noia anunciaba a destitución do adestrador tras o partido contra o Gran Canaria ” Desde a Xunta Directiva, mostramos o noso máis sincero agradecemento a Xullo, adestrador que nos axudou a vivir a nosa primeira experiencia na liga nacional de  futbol sala. Sen dúbida, desexámoslle a mellor das sortes no futuro, desde a que sempre será a súa casa. En consecuencia, a dirección deportiva do club xa traballa na contratación dun novo técnico”. O comunicado remataba pedíndolle a afección o apoio para conseguir o obxectivo da permanencia.

Era a primeira consecuencia do empate tirado en casa ante o Gran Canaria. O certo é que o 5 a 5 do marcador non reflicte un partido no que o Noia marcho ao descanso gañando 3-1 e que nos primeiros instantes da segunda parte subiu a diferenza a 4-1. O porteiro xogador do Gran Canaria conseguiu pouco a pouco recortar distancias e incluso poñerse por diante a falta de poucos minutos, un penalti no último intre posibilitou o empate para o Portus Apostoli. Un partido que deixa aos de Noia penúltimos da clasificación e, polo momento, sen adestrador.

O Santiago Futsal cae ante o líder

Non chega nun bo momento a derrota pero o Pescados Rubén Burela non é o líder da segunda por casualidade. O partido no polideportivo de Santa Isabel tiña unha boa entrada e o equipo saltaba motivado, necesitado de puntos para afastar máis aínda os postos de descenso.

Os de Burela golpearon primeiro e con contundencia: 0-2 no minuto 12′. Os santiagueses tomaron réplica reducindo a distancia 1-2, pero tres goles consecutivos dos mariñáns antes do descanso deixaron o partido moi costa arriba para os de Santi Valladares. Dous goles nun minuto de  Brian volveron abrir o encontro e puxeron un interesante 3-5 no marcador para deixar o encontro totalmente aberto. Ao sexto gol de Peixes Rubén Burela  FS sumouse a expulsión de  Zequi por parte do Santiago  Futsal coa consecuente inferioridade local que lles custou o sétimo tanto en contra. A efectividade laranxa prevaleceu por encima da insistencia santiaguesa e con iso chegouse ao final do encontro co definitivo 3-9.

O Santiago Futsal está a un fío de entrar nos postos de descenso directo. Ten os mesmos puntos que o Zaragoza, que ocupa esa posición, os mesmos goles en contra e tan só un máis a favor que é o que o mantén no 13 da táboa. Nas seguintes xornadas terá que esforzarse para conseguir vitorias e goles.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies