займ срочно

O Noia gaña en casa e o Santiago Futsal cae ante o Manzanares por un único tanto

1

Bisbarra, 12 de novembro do 2018 – Sorte desigual nos encontros na casa dos equipos da bisbarra na segunda división do fútbol sala, vitoria para o Noia Portus Apostoli e derrota pola mínima para o Santiago Futsal.

O Noia encamiña a recuperación

O Noia  Portus  Apostoli referenda a súa serie en casa cunha contundente vitoria. Os do barbanza levan sen perder na casa desde a xornada cinco e o Pozo Murcia nunca conseguiu gañar aqui. Un gol temperán de Dani Colorado canaliza a vitoria do equipo noiés que suma tres puntos tras vencer por 4-0 ao Pozo Murcia. Dani Colorado (2), Juan Puertas e  Christian Chao foron os autores dos tantos noieses.

Tras o saque de centro e na primeira chegada á portería defendida por  Guillamón o Noia adiantaríase no marcador no minuto un con gol de Dani Colorado. Co primeiro tanto, os noieses manterían a intensidade inicial creando continuas ocasións sobre a portería murciana. Polo contrario, Carlos Cabo pouco traballo tería baixo paus nestes primeiros instantes do encontro. A escuadra noiesa  insistía sobre a portería de  Guillamón e obtiña unha nova recompensa aos 5 minutos do encontro cun gol tras un saque de córner de Juan Puertas. Tras este tanto, o Pozo gañaría metros creando ocasións que Carlos Cabo evitaría con solvencia. Un Noia ben en defensa dificultaba a saída de presión do Pozo.

Tras o paso por vestiarios  Marlon Velasco repetiría o cinco de inicio. O bloque galego mantería a  intensidade da primeira parte conseguindo así a posesión do balón con aproximacións perigosas á portería rival, tendo as ocasións máis claras nos primeiros minutos tanto  Xuxa como Dani Colorado, quen no minuto 23 subiría o terceiro da tarde no luminoso do Agustín  Mourís, o segundo na súa conta persoal. Tras este tanto, os do Pozo reaccionarían con algunha chegada á porta galega  qu Carlos Cabo resolvería sen problema. O Noia  Portus  Apostoli repetía así o guión da primeira parte mantendo a intensidade no xogo cunha boa defensa e con moito descaro ofensivamente. Un bo xogo que, unha vez máis, obtería a recompensa cun tanto de  Christian Chao, no minuto 27. O cuarto tanto da tarde que chegaría tras un saque de banda de Juan Puertas quedando un espazo que aproveitado polos noieses e sen piedade  Christian introduce na portería de  Guillamón. Cunha vantaxe de catro goles a escuadra branca seguiría insistindo sobre a portería murciana  mentres que os rivais a penas conseguían chegar á portería de Carlos.  O Noia sitúase no primeiro dos postos de descenso directo xusto por diante do Santiago Futsal que non levanta cabeza.

Nova derrota do Santiago Futsal ante o Manzanares

Santiago  Futsal volve sufrir un duro castigo no seu camiño na Segunda División tras caer derrotado pola mínima ante Manzanares  FS (0-1). A falta de pegada local e o acerto visitante tras o paso por vestiarios definiu un encontro igualado.

Manzanares  FS mostrou as súas cartas desde o primeiro minuto de partido: movemento rápido de balón ao ataque e accións perigosas en área local. No 2′  Iago Barro acertou no man a man ante  Hicham ao bordo da área, pero a reacción celeste chegou nunha contra dirixida e finalizada por Isma que atopou ao porteiro Dani Juárez no seu tiro a media altura.  Brian salvou baixo paus o que puido ser o primeiro tanto  ciudarealeño no 6′ ao que continuou unha acción de  Kiki que se marchou por encima do traveseiro.

Aos poucos os locais lograron frear o ímpeto visitante e fóronse facendo co dominio do esférico. Santi tivo a posibilidade de abrir o marcador forzando un disparo en plena caída desde a esquerda da área aínda que non viu portería. A piques de chegar ao descanso,  Iago Barro e a madeira evitaron que  Manzanres  FS fósense ao descanso con vantaxe no marcador.

Aos 3 minutos do segundo acto materializouse o primeiro e único tanto do partido. Nacho Gil aproveitou un balón recuperado na súa propia pista, nun acción polémica con posible falta ante  Zequi, para anotar o 0-1 cun disparo afastado desde 10 metros. No 31′  Brian estrelou un saque de falta na  cruceta e con porteiro-xogador, nos minutos finais do partido, as tarefas ofensivas dos celestes non lograron ver portería para conseguir o ansiado empate. Derrota do Santiago  Futsal que continúa en postos de descenso directo e que a próxima semana viaxará a Las Palmas para medirse ao Gran Canaria  FS.

Share.

1 comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies