займ срочно

O Obradoiro aproba na Xunta Xeral orzamento e contas

0

Compostela, 28 de decembro do 2018 – O Monbus Obradoiro aprobou na Xunta Xeral de Accionistas as contas do presente exercicio e os orzamentos da tempada 18/19.

Na Xunta Xeral estivo representado un  quórum do 66,6%, para tratar todos os puntos correspondentes á tempada 2017/18. A sesión iniciouse coa presentación do Informe do Presidente, realizada por Raúl López e o director xeral do  Monbus Obradoiro, José Luis  Mateo.

A continuación quedaron aprobadas as Contas Anuais correspondentes ao exercicio 2017/18 (99,89% a favor, 0% en contra e 0,11% de abstención), a distribución do resultado do exercicio (99,94% a favor, 0% en contra e 0,06% de abstención), a xestión da  SAD por parte do Consello de Administración durante a tempada 2017/18 (99,94% a favor, 0% en contra e 0,06% de abstención), o orzamento da tempada 2018/19 (99,84% a favor, 0,05% en contra e 0,11% de abstención), o cesamento/nomeamento de novos membros do Consello de Administración (99,86% a favor, 0% en contra e 0,14% de abstención), a

modificación dos estatutos (99,89% a favor, 0,10% en contra e 0,01% de abstención), e a creación da web corporativa da sociedade (99,89% a favor, 0,10% en contra e 0,01% de abstención).

Nomeáronse aos seguintes membros do Consello de Administración, que se atopaban presentes na Xunta Xeral de Accionistas e aceptaron o cargo, quedando vacantes un máximo de tres postos: Raúl López como presidente, e os conselleiros Rafael Silva, Óscar Rodríguez, Javier González, Lupe Murillo, Valentín Vázquez, Luís García,  Argimiro Fernández, José Manuel Rivera e José Manuel López Marcote.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies