O Obradoiro derrota a domicilio ao San Pablo Burgos

0

Compostela, 1 de abril do 2019 – O  Monbus Obradoiro amarra a undécima vitoria na pista do San Pablo Burgos (76-84) nun partido moi igualado.

Coliseum de Burgos, conquistado

ACB-Photo-M-Gonzalez

Os de Moncho Fernández eran conscientes da concentración que requiría este duelo, xa que se enfrontaban ao mellor equipo da segunda volta da liga Endesa e a bancada faría de sexto xogador burgalés.

Os  obradoiristas entraron concentrados nun partido que se caracterizou polos altibaixos en ambos os equipos, sen que ningún collese unha mínima vantaxe. Así discorreu todo o encontro ata o último cuarto, no que os galegos se fixeron co rebote ofensivo nos momentos clave, permitíndolles anotar para facerse coa vitoria nunha cancha na que non gañaran desde que o conxunto burgalés ascendeu á liga Endesa.

Ben  Simons, imparable

O  obradoirista, Ben  Simons, guiou ao seu equipo cara á vitoria conseguindo anotar 10 triplos na pista do San Pablo Burgos. Así, o xogador igualou o tope de triplos do club que tiña  Kostas  Vasileiadis, terceira mellor marca da historia en Liga Endesa.

ACB-Photo-M-Gonzalez

Simons meteuse no peto trinta puntos, pero tamén repartiu xogo con tres asistencias e capturou cinco rebotes, para terminar o encontro con 27 puntos de valoración.

Rebote ofensivo, fundamental

O duelo da mañá tamén pasaba por facerse donos do rebote, e os  obradoiristas conseguírono, capturando en total 38 (24 ofensivos e 14 ofensivos) fronte aos 29 do San Pablo Burgos, e todo a pesar de que dous dos seus pivotes foron eliminados por faltas ( Brodziansky en só 14 minutos e  Spires en 16).

Nun encontro tan igualado, a vitoria pasou por aquel que foi capaz de controlar o rebote ofensivo. A defensa asfixiante para tentar frear a Ben  Simons permitiu que os pivotes  obradoiristas fosen fortes ao rebote, capturando os tiros que non entraban e anotando os tiros libres tras falta nos momentos finais do encontro para amarrar a vitoria.

ACB-Photo-M-Gonzalez

O  Monbus Obradoiro, que estivo acompañado en terras castelás por un centenar de seguidores, regresa a Santiago para preparar o seu próximo encontro recibindo ao  Tecnyconta Zaragoza, o sábado ás 20:30 horas, no Partido do Federado. Así, os federados con licenzas da Federación  Galega de Baloncesto poden comprar entradas a 9€ en Tribuna 2 ou a 15€ en Tribuna 1 para este partido. As entradas poden adquirirse ata o propio día do partido a través da nosa páxina web, rexistrándose previamente, ou nas oficinas do club de luns a venres, de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas, así como no despacho de billetes o día de partido. Cada federado recibirá un código por parte da  FEGABA para poder realizar a compra  online.

ACB-Photo-M-Gonzalez

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial