O Obradoiro quedouse a dous puntos da vitoria tras unha gran remontada

0

Compostela, 14 de xaneiro do 2019 – O  Monbus Obradoiro non conseguiu facerse coa vitoria no Fernando Martín de Fuenlabrada a pesar de non baixar nunca os brazos e remontar o marcador no último cuarto, e marchou para casa sen premio (84-83)..

Marc García Tryggvi Hunason – ACB Photo – E. Cobos

Fuenlabrada impuxo o seu ritmo de xogo

Se hai algo que destacou Moncho Fernández na previa do partido foi en que o seu equipo debía “controlar o ritmo de ataque do rival e as súas individualidades”. E estaba no certo. Os do  Che García impuxeron en Fuenlabrada o ritmo de xogo que mellor lles conviña e levando o partido a unha anotación alta na primeira parte do encontro, mentres que o  Monbus Obradoiro non foi capaz de impoñer o seu.

A batalla do rebote

A pesar de que as estatísticas finais sinalan que os  obradoiristas capturaron máis rebotes que os  fuenlabreños (27 fronte aos seus 25), os galegos perderon a batalla do rebote na primeira metade do encontro, dando vantaxe ao seu rival.

Bandexa de Kyle Singler ACB Photo E. Cobos

Máxima vantaxe  fuenlabreña ao descanso

O  Monbus Obradoiro non quería descolgarse do partido a pesar de non controlar o seu ritmo, pero as perdas do final do segundo cuarto foron devoltas polo seu rival cun parcial de 5-0, que fixo que a vantaxe do electrónico fose de 9 puntos por baixo ao descanso (49-40).

A escapada de  Montakit Fuenlabrada

Por parte do  Montakit Fuenlabrada reapareceu na pista  Popovic tras seis xornadas de baixa por lesión, e foi o protagonista de ampliar a distancia do electrónico tras anotar dous triplos e dous tiros libres. Parecía que nada podían facer os composteláns para frear o acerto dos  fuenlabreños e a distancia aumentou ata os 12 puntos (70-58).

Tripla de Ben Simons ACB Photo E. Cobos

Remontada sen premio final

Pero se hai algo que caracteriza ao conxunto  obradoirista é que nunca dan un partido por perdido e ninguén se rende.  Vasileiadis, que non anotara na primeira metade, anotou no momento clave, xunto a  Simons. Mentres, o  Montakit Fuenlabrada xa non controlaba o ritmo de partido nin sentía cómodo, e vía como o seu rival achegábase perigosamente no marcador.

Kostas Vasileiadis ACB Photo E. Cobos

Conseguiu o  Monbus Obradoiro poñerse por diante no electrónico a falta de 34 segundos grazas aos dous tiros libres de Nacho  Llovet (82-83), pero respondeu Clark cunha bandexa iniciada desde a banda no seguinte ataque. Tentárono os obradoiristas no último ataque.  Vasileiadis realizou unha porta atrás na que non consegue converter a canastra pero  Brodziansky fíxose co rebote, tentou levantar a pelota e anotar pero o árbitro non considerou falta (84-83).

O  Monbus Obradoiro regresou a Santiago de Compostela para preparar o próximo encontro na  Caldeira  do Sar o vindeiro domingo, recibindo ao Unicaja no último partido da primeira volta, incluído de agasallo no Abono de Segunda Volta ‘ Outra vaca non  millo’.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial