O Obradoiro segue sumando derrotas ante o MoraBanc Andorra

0

Compostela, 6 de maio do 2019 – Unha derrota máis do Monbus Obradoiro en terras andorranas diante do MoraBanc que gaño por un groso marcador de 91 a 72.

Intensa primeira metade 

Obradoiro Monbus – MoraBanc Andorra –  ACB Photo Albert Martín

O  Monbus Obradoiro xogou con intensidade e acerto ante o MoraBanc nos dous primeiros cuartos. Os do Principado saíron moi  enchufados desde a liña de 6,75, tomando as primeiras vantaxes no marcador que rapidamente recortarían os  obradoiristas grazas á dirección de Navarro e á actuación dun gran De  Zeeuw no primeiro cuarto.

Os de Moncho Fernández cometeron algúns erros defensivos que foron penalizados con canastras polos seus rivais e que non lle permitían adiantar aos  andorranos no electrónico. Dúas últimas accións ben defendidas pero de moito mérito por parte dos locais deixou o marcador a 44-35 no descanso.

Boas cifras de rebote e as perdas

Moncho Fernández incidiu na previa en que sería fundamental que o equipo fose capaz de controlar o rebote, tanto ofensivo como defensivo, ademais das perdas de balón. E conseguiuno.

Obradoiro Monbus – MoraBanc Andorra –  ACB Photo Albert Martín

O  Monbus Obradoiro gañou a batalla do rebote ao seu rival, capturando 37 (24 defensivos e 13 ofensivos) fronte aos 34 do seu rival (24 defensivos e 10 ofensivos).

En canto ás perdas, os  obradoiristas perderon 11 balóns, permitindo aos  andorranos anotar 11 puntos de segundas oportunidades.

Falta de acerto

A pesar de ser capaces de controlar o rebote e as perdas, os  obradoiristas non tiveron acerto no tiro exterior a partir do terceiro cuarto.

Unha defensa humillante por parte do MoraBanc fixo que aos  compostelanos custáselle moito máis atopar situacións cómodas de tiro. Esa tensión levou aos tiros libres, anotando 19 de 27 cando os  obradoiristas teñen o mellor rexistro da liga.

Obradoiro Monbus – MoraBanc Andorra –  ACB Photo Albert Martín

Vantaxe de Andorra difícil de superar

Aínda que non tivo o acerto suficiente o  Monbus Obradoiro, non deixou de tentalo a pesar de ver no electrónico que a diferenza era difícil de alcanzar. Os santiagueses igualaron as forzas e as ganas dos de  Ibon Navarro e pelexaron cada balón e cada rebote ata o final do encontro (91-72).

Debut Lluís Costa

Unha das notas positivas do partido foi o debut de Lluís Costa. O base botouse ao equipo ás costas tras traballar en tan só dous adestramentos e dirixiu aos seus compañeiros nos minutos finais do encontro, ademais de conseguir os seus primeiros puntos na liga Endesa tras rematar unha bandexa nunha penetración a canastra.

O  Monbus Obradoiro pon xa a mirada no dobre compromiso desta semana na capital, primeiro recibindo ao  Herbalife Gran Canaria (xoves 9, 19:15 horas) e o sábado ao  Iberostar Tenerife (sábado 11, 20:30 horas).

Obradoiro Monbus – MoraBanc Andorra –  ACB Photo Albert Martín

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial