O Obradoiro seguirá un ano máis na ACB

0

Compostela, 27 de maio do 2019 – Íñigo Caínzos – Lindeiros – O Monbus Obradoiro cumprirá a vindeira tempada 8 anos na ACB, unha permanencia que chega despois de tirar partido do traballo feito na primeira parte da tempada.

O último partido na ACB disputouse en Sar ante o Barça Lassa. O Obradoiro caeu por un contundente 63 a 83 e remata así 34 duras xornadas de baloncesto nas que tivo de todo, vitorias, derrotas e unha afección, un ano máis, de dez.

ACB Photo – X Cortizo

Solidez defensiva e acerto en ataque

Os santiagueses saltaron á cancha co coitelo entre os dentes e as uñas afiadas para medirse ao campión de Copa,  un reto de envergadura contra un equipo ao que só lle valía gañar para tratar de pechar a tempada regular en primeira posición. Durante os primeiros minutos o Monbus Obradoiro atacou moi ben e defendeu mellor.

Os  obradoiristas neutralizaron todas as virtudes ofensivas do Barça nos primeiros compases, e distanciáronse no marcador a ritmo de triplos. Os  cañoneros galegos acertaron e crearon un bo colchón, que esixiu unha moi boa versión dos cataláns.

ACB Photo – T. Ruibal

O Barça crece e o Monbus Obradoiro apágase

O Monbus Obradoiro gobernou ata o descanso (36-35), pero na continuación o Barça fixo valer o seu potencial físico para ir sometendo aos poucos á escuadra galega. As torres barcelonistas fixeron dano co rebote ofensivo (11 capturas no aro local) e co paso dos minutos inspirouse  Heurtel. Xogadores como  Hanga estiveron en todas partes,  Claver sumou desde a discreción e  Oriola elevou a temperatura na pintura.

Os tocados non se borran e prestan o último servizo

Os xogadores do Monbus Obradoiro, conscientes da transcendencia do partido, baleiráronse sobre o  parquet: Albert  Sàbat estivo máis de 30 minutos en pista nos que anotou cinco triplos en seis intentos; David Navarro chegaba á cita entre algodóns pero quixo participar e  Llovet, que tivo molestias no xeonllo no segundo cuarto, volveu para  fajarse na pintura tras o descanso.  Vasileiadis volveu poñer en pé a Sar e  Brodziansky deleitou de novo cos seus recursos preto do aro e animouse desde o triplo. 

A afección non fallou na cita final

Desde o minuto 1 ata o 40, Sar estivo sempre á beira do Monbus Obradoiro, e unha semana máis apoiou de forma incansable ao seu equipo. A afección, nunha mañá de transistores, gozou coa primeira parte do equipo na que competiu de ti a ti contra o coloso catalán, e gozou co final do partido cando se certificou a permanencia.

ACB Photo – X Cortizo

Oitava permanencia consecutiva

O Monbus Obradoiro volvía partir como un dos equipos con menor orzamento da competición, consciente de que o título volvía ser a permanencia. Houbo que percorrer 34 etapas con altibaixos para chegar á meta e saborear o premio por oitava tempada consecutiva. Un ano especial que  empezou coa Supercopa Endesa e que terminou celebrando que, o ano que vén, por noveno ano seguido, Santiago de Compostela seguirá sendo capital do baloncesto. Sar manterá o seu  status ACB. Por noveno ano consecutivo, o Monbus Obradoiro estará entre os mellores 18 equipos de baloncesto de España.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial