O Obradoiro depende dos outros para a permanencia

0

Compostela, 20 de maio do 2019 – O Monbus Obradoiro non puido facerse coa vitoria que selaría a permanencia na liga Endesa tras perder pola mínima na pista do Movistar Estudantes (83-80).

Potente arranque estudantil en busca da permanencia

ACB Photo A Nevado

Moi conscientes de que tamén se xogaban seguir na ACB, os de  Berrocal saíron a morder desde o minuto 0, cun  Gentile moi motivado no aspecto ofensivo, sen que os  obradoiristas fosen capaces de paralo.

Falta de anotación

Todo o acerto que tiña o Movistar Estudantes faltáballe ao Monbus Obradoiro. Vasileiadis e  Simons sumaban desde 6,75 mentres  Llovet e  Spires facíano desde a pintura, pero non era suficiente para frear ao conxunto colexial, que terminou o primeiro cuarto con 3/4 en triplos fronte aos 2/9 dos  obradoiristas (24-13).

Remontada  obradoirista de cabeza e corazón

ACB Photo A Nevado

Os de Moncho Fernández sabían que significaba unha vitoria. Non perderon a cabeza os composteláns, que saíron moi concentrados no segundo cuarto facendo o seu traballo, para ir recortando as distancias no marcador con  Obst e Brodziansky  inspiradísimos. O electrónico reflectía no descanso un 42-39 a favor do Movistar Estudantes.

Por diante no marcador

Non foi ata o final do terceiro cuarto cando os galegos lográronse poñer por diante dos madrileños no marcador. Restaban 34 segundos para o final do terceiro período cando  Brodziansky anotou a bandexa que poñería por encima ao seu equipo por primeira vez en todo o partido (61-62).

Os composteláns mantiveron esa mínima vantaxe os seguintes minutos, vantaxe que os de  Berrocal chegaron a empatar en tres ocasiones. Foi na terceira, a falta de 02:26 para o final, cando apareceu  Brizuela para anotar un mate que igualaría o marcador a 76 puntos.

ACB Photo A Nevado

Os  obradoiristas non conseguían anotar nas situacións xeradas e  Brizuela exerceu de verdugo para anotar unha bandexa que puxo ao seu equipo por diante no marcador, ademais do triplo que aumentou a distancia ata 5 puntos a falta de 37 segundos (81-76). Non se renderon os  obradoiristas, pero o partido finalizou cun 83-80 no electrónico.

Gentile e  Brizuela

Alessandro  Gentile e Darío  Brizuela, ambos os repostos das súas lesións, guiaron ao seu equipo ata a vitoria  tas anotar 27 e 14 puntos respectivamente, sendo os 9 últimos do partido do escolta español, que deu a vitoria ao seu equipo.

Desprazamento afeccionados  obradoiristas

Máis de douscentos afeccionados  obradoiristas desprazáronse a Madrid para apoiar ao equipo neste importante partido. O persoal sentiuse arroupado desde o momento en que se baixou do autobús nas inmediacións do  WiZink  Center ao ver alí á súa afección. Os  obradoiristas non quixeron que faltase o  Miudiño e as duascentas gargantas entoaron o himno  obradoirista a falta dun minuto para o comezo do encontro. Antes de regresar a terras galegas, os afeccionados esperaron aos xogadores e adestradores para darlles todo o seu apoio.

ACB Photo A Nevado

O Monbus Obradoiro disputará o último encontro da tempada, con todo por decidir, o vindeiro domingo, ás 12:30 horas, #ante a súa afección, recibindo ao Barça Lassa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial