O Obradoiro vence ao Andorra no último momento

0

Compostela, 7 de xaneiro do 2019 – Nova vitoria do Monbus Obradoiro ante o Andorra (69-68) que estivo a piques de perder o partido despois de chegar a ir 17 por diante no marcador.

Nacho Llovet – ACB Photo – X. Cortizo

O primeiro cuarto foi do Obradoiro que conseguiu despegarse por sete puntos pero dúas triplas, a última de Guillen Colom cando soaba a bucina, volvían a meter ao Andorra no partido.

Tempo morto de Moncho Fernández ACP Photo X. Cortizo

No segundo cuarto de novo o mando do partido cambiaba cada cinco minutos, o Obradoiro mantiña unha boa defensa que coas triplas conseguían unha renda de 8 puntos. O terceiro cuarto levou aos da casa a esa máxima diferenza de 17 puntos que obrigou ao adestrador andorrano a un tempo morto. A partir de aí os visitantes cambiaban a dinámica do partido ata o punto de conseguir un parcial de 0 a 6, remontada freada cun tempo morto de Moncho Fernández que de pouco serviu. O cuarto remata 58 a 59 e con todo por decidir.

Con todo o sucedido ata o último cuarto a intensidade foi máxima no final do partido, con acertos e erros e cun 69 a 68 que reflicte a igualdade nos esforzos de ambos os dous equipos. Partido de infarto para a afección que, non se pode negar, xa está curada de espantos.

Bandexa de Nacho Llovet – ACB Photo X. Cortizo

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial