O Obradoiro vence en Valencia e conquista a única pista na que non gañara nunca

0

Compostela, 11 de febreiro do 2019 – O  Monbus Obradoiro fai historia ao gañarlle ao Valencia  Basket na  Fonteta (87-94), a primeira vitoria en liga Endesa en esa pista.

ACB Photo M.A. Polo

Partido de moito mérito dos de Moncho Fernández que non se renderon e no último cuarto deron unha lección de baloncesto ante o Valencia.

Partido para a historia

Este encontro pasará á historia  obradoirista ao facerse o  Monbus Obradoiro coa vitoria por primeira vez na liga Endesa na pista de Valencia  Basket. O equipo  obradoirista visitara en 8 ocasións previas a cancha  taronja e todos terminaran con derrota. Esta tempada, os de Moncho Fernández xa conseguiron superar o “maleficio” en Gran Canaria e en Zaragoza, para conseguilo agora en Valencia.

Control das perdas

ACB Photo M.A. Polo

E non só foi unha vitoria histórica polo resultado. Do mesmo xeito que nos partidos anteriores, os  obradoiristas tiñan claro que debían tentar manter o baixo número de perdas de balón. E o  Monbus Obradoiro superouse neste aspecto ao conceder tan só tres perdas de balón (unha delas por falta en ataque), o menor número rexistrado na liga Endesa para os  obradoiristas.

Perdida a batalla do rebote

Ademais do control das perdas, os xogadores  obradoiristas sabían da importancia que tería facerse fortes na pintura para conseguir o maior número de rebotes e non dar segundas oportunidades ao seu rival. Con Will Thomas e  Dubljevic mandando na zona non foron capaces os  obradoiristas de superalos, facéndose con 20 rebotes (15 defensivos e 5 ofensivos) fronte aos 33 dos valencianos (19 defensivos e 14 ofensivos).

ACB Photo M.A. Polo

Unha vitoria de carácter e personalidade

Ao longo do partido e a pesar dos constantes intentos, os composteláns non eran capaces de reducir a distancia no electrónico. A máxima renda local no marcador chegou ata os 13 puntos pero nunca se rendeu o  Monbus Obradoiro, , vitoria que o persoal quixo dedicar ao canteirán Rafa García.

Cando os de Moncho Fernández reducían a distancia a menos de dez puntos, respondían sen tregua desde 6,75 os valencianos. Ata o último cuarto.  Brodziansky abriu o cuarto tempo cun triplo que deu enerxía a todos os seus compañeiros para crer na vitoria. O Valencia buscaba en Will Thomas solucións, pero primeiro Pozas e logo Navarro cun triplo puxeron por diante ao seu equipo no marcador (85-86,  min. 39). Tras unha falta en ataque de  Dubljevic fíxose co balón o Obra para xogar os segundos finais e, de novo, un gran David Navarro anotou de 2 para dar unha vantaxe de tres puntos (85-88) ao seu equipo. O  Monbus Obradoiro chegou ao resultado final de 87-94 ao anotar os tiros libres  Brodziansky, Pozas e  Vasileiadis.

O  Monbus Obradoiro terá dúas semanas sen competición pola Copa do Rey e as Xanelas  FIBA que servirá aos galegos para recuperar efectivos e seguir traballando para a continuación da liga Endesa, o sábado 2 de marzo ás 18:00 horas, cando recibirá ao Cafés Candeas Breogán.

ACB Photo M.A. Polo

O club quere que ese partido convértase nunha auténtica festa do baloncesto galego e para iso ten en marcha unha promoción exclusiva para os seus abonados na que poden comprar un máximo de catro entradas, a 19€ cada unha, en Tribuna 2 (ata esgotar aforamento dispoñible para a venda).

Os abonados poderán facerse con estas entradas nas oficinas do club (de luns a venres, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas), ou a través da súa conta de abonados na páxina web do club, ata o día antes do partido ás 00:00 horas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial