займ срочно

O Oroso Tenis de Mesa participa no Campionato de España

0

Oroso, 14 de xuño do 2019 – A vindeira semana o Oroso Tenis de Mesa participará un ano máis no Campionato de España de todas as categoría que se celebrará en Tarragona.

Os xogadores do Oroso TM competirán xunto con outros 800 rapaces de Toda España. Trátase da máis importante cita a nivel nacional onde os mellores de cada categoría miden as súas forzas co obxectivo de lograr o título de Campión.

Imaxe de arquivo do equipo

O equipo participa, cunha numerosa expedición, nas categorías de  Prebenxamín,  Benxamín, Alevín, Infantil, Xuvenil e Sub23 e nas probas de equipos, individuais e dobres. Unha excelente oportunidade para gañar experiencia e ascender postos na clasificación nacional. Algúns dos xogadores do Club parte, ademais, como cabezas de serie das súas probas, como é o caso de  Uxío Pampín en alevín, Martín Fernández en infantil ou Alexander Malov en  Prebenxamín e  Benxamín.

Como cada ano, e ante a falta de apoios, o club e os socios tiveron que facer un importante esforzo para poder participar nunha cita a tanta distancia e cunha expedición tan numerosa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies