займ срочно

O Outono é tempo de Códax Festival

0

Compostela, 16 de setembro do 2018 – A entrada no outono está marcada na axenda de moita xente por un dos mellores festivais de música negra da península, o outono en Compostela é tempo de Códax Festival.

Rolda de prensa da edición 2018

O Outono Códax Festival chega a súa edicións cheo de frases repetidas non por iso menos certas. Unha cita máis que consolidada, chea de calidade, que sempre sorprende e que, o máis incrible, faino de xeito privado. Nunha etapa na que as administracións apoian, incluso, propostas para públicos moi minoritarios o Outono acada cada ano maior repercusión. O patrocinio de Bodegas Martín Códax e a colaboración de Pousadas de Compostela xunto con máis de cen pequenos locais e comercios da cidade fan posible este milagre.

Responsables de Raiña Producións e Bodegas Martín Códax na presentación

A edición 2018 será unha vez máis unha boa oportunidade para descubrir e disfrutar de artistas consolidados con outros que son a punta de lanza de novas xeracións. The Tibbs chega por primeira vez a Galicia coa incrible voz de Elsa Bekman á fronte. Marta Ren, acompañada dos seus The Groovelvets, aterra no Outono Códax como unha das frontwoman máis destacadas da actual escena europea. A que é considerada unha das mellores bandas de swing do mundo, Natty Congeroo&The Flames of Rhythm, e a nova promesa do soul británico, aínda que de orixe burundés, J.P. Bimeni, protagonizarán un único e excepcional concerto. Os carismáticos The Rad Trads (Nueva York), a fulgurante Marem Ladson (Ourense) e o xenial Luke Winslow King (Nova Orleans) tamén se incorporan ao cartaz de esta edición. Shirley Davis (Shirley Davis&The Silverbacks), Astrid Jones (Astrid Jones&The Blue Flaps), Mayka Edjole (The Sweet Vandals) e Juno (Juno&Darrel) homenaxearán á raíña do soul, Aretha Franklin, nunha actuación conxunta que botará o peche ao festival cando xa sexa Nadal.

Descarga o programa por días outono codax 2018

Como é habitual, o festival galego de música negra completará a súa proposta musical con distintas actividades paralelas polo que, fiel á súa filosofía, nesta edición inclúe na súa programación a expo TRASH, do debuxante e deseñador gráfico Roberto Argüelles. Da man de Fiambrera Art Gallery, Argüelles (Vigo, 1972) achegará a Compostela unha mostra do seu Trash, un conxunto de pezas nas que recolle as súas influencias máis recoñecibles: os debuxos de Tex Avery e Hanna-Barbera, os cómics clásicos de Marvel, á ciencia ficción xaponesa dos anos 60, ás pin-ups e as bailarinas de burlesque, o rock and roll e o punk. Na Reixa-Matrioska Tenda, do 2 ao 30 de novembro.

Ademais, no marco do Outono Códax tamén se celebrará unha pequena feira de discos que incluirá unha charla-coloquio, con nova sesión out sorpresa, así como unha exhibición de baile, a cargo de Compostela Swing; todo, ao longo do sábado, 24 de novembro.

[ngg_images source=”galleries” container_ids=”58″ display_type=”photocrati-nextgen_basic_slideshow” gallery_width=”800″ gallery_height=”600″ cycle_effect=”fade” cycle_interval=”4″ show_thumbnail_link=”0″ thumbnail_link_text=”[Show thumbnails]” order_by=”sortorder” order_direction=”ASC” returns=”included” maximum_entity_count=”500″]

Entradas, bono e rock´nporte

As entradas do Outono Códax 2018 terán un prezo de 20 euros (+gastos) en venda anticipada e 24 euros en taquilla, se ben o festival ofrece un abono para todos os concertos por 40 euros (+gastos, en venda anticipada en setembro) e 48 euros (+gastos, a partir do 1 de outubro). O público interesado en adquirir as súas entradas en venda anticipada poderá facelo xa en: A Reixa Tenda (Santiago), Honky Tonk e Discos Elepe (Vigo), Discos Portobello (A Coruña), Peggy Records (Ourense) e a través das plataformas electrónicas www.ataquilla.com, www.ticketea.com e www.salacapitol.com

(as e os menores de idade poderán acceder ao ciclo acompañados dunha persoa adulta).

De igual xeito, e como nas súas anteriores edicións, o Outono Códax porá en circulación o denominado “Rock´nporte”, un “pasaporte” directo e gratuíto aos concertos para aquelas persoas que realicen consumicións ou compras nos case 100 establecementos hostaleiros e comerciais que colaboran co festival.

[ngg_images source=”galleries” container_ids=”57″ display_type=”photocrati-nextgen_basic_slideshow” gallery_width=”800″ gallery_height=”600″ cycle_effect=”fade” cycle_interval=”4″ show_thumbnail_link=”0″ thumbnail_link_text=”[Show thumbnails]” order_by=”sortorder” order_direction=”ASC” returns=”included” maximum_entity_count=”500″]

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies