займ срочно

A Mina de Santa Comba chega ao Parlamento Federal Alemán

0

Santa Comba, 6 de novembro do 2020 – A mineira Eurobattery non mentiu só sobre os dereitos de traballo en Santa Comba e asegurou aos accionistas que dispuña dunha liña de crédito do Goberno Federal Alemán.

Estas declaracións motivaron unha pregunta deputada Eva Schreiber (Die Linke) que foi respondida polo Secretario de Estado do Ministerio da Economía alemán, Ulrich Nussbaum. A contestación deixou en evidencia como a empresa viña mentindo sistematicamente ao afirmar que tiña asegurada a “pre-aprobación” dunha garantía de crédito de 11 millóns de euros do Goberno da Alemaña, o que foi negado frontalmente polo Goberno Federal.

Eva Schreiber xa presentara en outubro unha pregunta escrita dirixida ao Ministerio de Economía pola axuda económica que supostamente tería prometido o Goberno Federal Alemán para a reactivación desta mina, que carece de avaliación de impacto ambiental e que aínda así reanudou este mes a súa actividade logo de abandonarse en 1986.

O día 4 producíase este novo debate no Parlamento Alemán logo de que a rede galega “ContraMINAcción” e a plataforma “BerXallas-Minaría Destrutiva Non” achegaran información detallada a Eva Schreiber. Nas súas respostas o Goberno federal indicou que vai entrar en contacto con Rafaella Resources Ltd. para pedirlle que deixe de facer este tipo de afirmacións e que as elimine das súas páxinas web.

 Denuncias por danos ambientais

 Desde a rede ContraMINAcción e a plataforma BerXallas denúnciase a cobertura que a Xunta está dando ao entramado empresarial detrás dos proxectos do antigo Grupo Mineiro Santa Comba, tanto o de reconversión da antiga mina de estaño e volframio nunha nova mina a ceo aberto carecendo de Declaración de Impacto Ambiental, como do proxecto dunha nova mina a ceo aberto de cobre, cobalto e niquel na zona de Castriz e Salgueiras.

A Xunta consentiu presuntamente que no último ano se fixera máis de 1 km de sondaxes ilegais en Castriz, sabendo que se estaban levando a cabo; mentres que leva tentando tapar desde 2017 a contaminación por metais pesados que a mina de Barilongo causa sobre o Xallas, e que xa se denunciou ante o Comité da Convención de Aarhus nas Nacións Unidas.

Todo isto levou a que nas últimas semanas diversos colectivos da rede ContraMINAcción (Asociación Petón do Lobo, Verdegaia, Sindicato Labrego Galego, Ecoloxistas en Acción, Senda Nova, …) co apoio dos colectivos locais da plataforma BerXallas presentaran varias denuncias pola intensificación das verteduras contaminantes, tanto administrativas como penais, ante o SEPRONA e a propia Fiscalía. Por iso, esíxen á Xunta que ordene a paralización inmediata do baleirado das plantas da mina que levan inundadas e acumulando metais pesados desde fai máis de 30 anos.

Balsas en estado de abandono

Os mesmos colectivos e plataformas denuncian o estado de abandono das antigas balsas de residuos mineiros que ocupan case 10 hectáreas de terreno ao sur da explotación, emplazadas directamente sobre o rego da Braña Ancha, afluente do río Xallas.

Estas balsas de residuos foron deixadas fóra do proxecto de explotación e plan de restauración aprobados en 2011 prescindindo do trámite de avaliación de impacto ambiental, a pesar da existencia de informes de funcionarios que avisaban que era un trámite imprescindible por tratarse dunha mina susceptible de causar drenaxes ácidas e contaminación por metais pesados. Neste caso, a responsabilidade recae tamén sobre Augas de Galicia, que ven permitindo presuntamente os vertidos con altas concentracións de metais pesados a pesar de ser coñecedora da situación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies