займ срочно

O Parlamento de Galicia presenta en Ordes o libro Isabel Zendal Gómez nos arquivos de Galicia

0

Ordes, 8 de marzo do 2018 – A vila de Ordes foi a elixida polo Parlamento de Galicia para a presentación, este venres, do libro Isabel Zendal Gómez nos arquivos de Galicia.

O Parlamento de Galicia, organizador do acto e editor da obra, decidiu levar a cabo este acto no municipio natal de Isabel Zendal, da que ademais e filla predilecta. O acto desenvolverase na Casa da Cultura de Ordes ás 12 horas. Á cita acudirá, entre outras moitas personalidades dos eidos político, social e sanitario, Miguel Santalices Vieira, presidente do Parlamento de Galicia. Pilar Farjas, presidenta da Asociación Isabel Zendal ou José Luis Martínez Sanjurjo, alcalde de Ordes.

No acto estará tamén presente o autor, Antonio López. Xornalista e invetigador histórico responsable deste amplo estudo histórico no que se contextualizan os documentos empregados na investigación que axudou a coñecer a importancia de Isabel Zendal na historia da humanidade. Nel recóllense datos e aspectos fundamentais para o coñecemento da vida e do labor da primeira enfermeira da historia en misión internacional segundo a Organización Mundial da Saúde. Zendal está considerada como responsable directa na erradicación da praga da varíola ao longo de todo o mundo nada máis comezar o século XIX, debido a súa participación na chamada expedición Balmis.

Fondos provinciais e municipais

O libro céntrase en 34 documentos e actas históricas atopadas tras un arduo traballo nos arquivos municipais e provinciais da Coruña, así como no arquivo diocesano de Santiago de Compostela. Dos dous primeiros extraéronse datos dos nenos expósitos que serviron como portadores da vacina e outros relacionados coas funcións de Isabel Zendal como reitora da casa de expósitos da Coruña e  como enfermeira na ruta marítima que levou a vacina contra a varíola polo novo mundo, salvándolle a vida unha cantidade incalculable de persoas. Por outra banda, grazas aos documentos localizados en Compostela puidéronse esclarecer aspectos relacionados coa súa familia a través de actas bautismais, de defunción etc. O nacemento do seu fillo Bieito (1796), a dos seus pais e incluso a da súa propia confirmación (1781). Neste sentido foron de gran axuda os datos descifrados dos libros parroquiais de Santa Marina de Parada (Ordes), lugar de nacemento de Isabel Zendal.

Isabel Zendal nos arquivos de Galicia estará dispoñible en versión PDF para todas as persoas na páxina web do Parlamento de Galicia ( www.parlamentodegalicia.es ) a partir de este venres, 9 de marzo. Os idiomas nos que se publicará serán galego, castelán e inglés, aínda que tamén se imprimirá en papel unha tirada en lingua galega.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies