займ срочно

O Parque Compostela Rupestre un pouco máis cerca

0

Bisbarra, 27 de xullo do 2018 – O pleno da Deputación da Coruña aprobou, na sesión ordinaria de xullo, o convenio pola que se establecen as bases de colaboración cos concellos de Ames, Brión, Santiago de Compostela, Teo e Val do Dubra para a creación do parque Compostela Rupestre.

O proxecto, constituído como Comunidade Intermunicipal, terá como obxecto a xestión conxunta do parque Compostela Rupestre co fin de agrupar os medios persoais e materiais e recursos económicos das corporacións participantes para xestionar de forma conxunta a promoción e posta en valor da arte rupestre localizada no territorio dos municipios implicados. Según o Deputado Xosé Regueira, Presidente da Comisión de Cooperación, Plans Provinciais, Turismo e Patrimonio ” O proxecto de Parque Compostela Rupestre forma parte do itinerario da Deputación e súmase ao proxecto do primeiro xeoparque en Ortegal e ao Parque do Megalitismo  da Costa da Morte. Neste caso trátase de conservar e promocionar o rico patrimonio rupestre da comarca de Compostela, infelizmente, aínda moi descoñecido”.

Desde o ámbito do Turismo e Patrimonio, Xosé Regueira apunta que o Val da Maía é “un territorio moi rico patrimonialmente que pode ser tamén rendíbel social e economicamente, o que é un dos obxectivos deste proxecto participado pola Deputación e os concellos”.  Coa constitución da comunidade intermunicipal preténdese realizar actividades conxuntas relacionadas non só coa conservación e difusión da arte rupestre, senón tamén as relativas a paisaxe e ao medio ambiente, á defensa e posta en valor do patrimonio cultural, normalización lingüística e outras que se consideren de interese público local e necesarias para o axeitado desenvolvemento do proxecto.

Os cinco concellos aprobaran xa con anterioridade a integración no proxecto de parque arqueolóxico Compostela Rupestre que a Deputación da Coruña dotará con 500.000 euros para o seu desenvolvemento. O convenio terá vixencia de catro anos prorrogábeis por outros tantos e a presidencia da entidade comezará polo concello de maior poboación, é dicir, Santiago de Compostela.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies