O pianista Carlos Enrique Pérez fala da ópera en Galicia nos Luns do Ateneo

1

Compostela, 22 de abril do 2019 – Nova conferencia dos Luns do Ateneo na que a ópera será a protagonista coa conferencia de Carlos Enrique Pérez, Catedrático de repertorio vocal do Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Esta charla sobre ópera forma parte do convenio de colaboración que desde o 2014 o Ateneo de Santiago ten firmado coa Asociación de Amigos da Ópera de Compostela. A partir das 20 horas na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela, o pianista Carlos Enrique Pérez, falará das “Compañías itinerantes e grandes da lírica, 150 anos de ópera en Galicia”, na que  fará un repaso á traxectoria deste xénero musical en Galicia e os seus intérpretes ao longo dos últimos 150 anos.

Pérez iniciou a carreira de Piano co profesor Enrique Goberna e, paralelamente, desenvolveu e perfeccionou a súa técnica con mestres como Peter Bithell, Alexander Gold, Luiz de Moura, Mª Jesús Crespo ou Josep Colom; M. Cabero ou M. Zanetti (acompañamento vocal); e Emilio Molina, Jos Wuytack ou José Luis Temes (pedagoxía musical).  En 1992 graduouse como profesor Superior de Piano e de música de cámara, labor que desempeñou en diversos centros oficiais. Ademais de recitais como solista, está especializado no acompañamento instrumental e vocal, tendo intervido xunto a cantantes líricos, corais, formacións camerísticas, etc., e colabora regularmente como pianista correpetidor en diferentes cursos de interpretación vocal e festivais de ópera. Formando dúo de pianos foi galardoado co Diploma de Honra do T.I.M. e obtivo a Segunda Medalla do Concours Musical de France (París, 1996).

Share.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial