займ срочно

O pianista compostelán Javier López Jorge ofrece hoxe un concerto no Paraninfo

0

Compostela, 28 de maio do 2019 – O pianista Javier López Jorge interpretará este serán, 20:30 horas, obras de Beethoven e Shumann nun concerto a celebrar no Paraninfo da Universidade.

Nado en Compostela en 1988, Javier López comeza os estudos de piano con 8 anos. Logo de estudar no conservatorio profesional de música de Santiago, en 2006 accede ao grao superior de música no Conservatorio Superior de Salamanca, onde se graduará con Matrícula de Honra. Toda a súa actividade como profesional viu acompañada de numerosos premios como o do Concurso Internacional de piano Donostia Hiria en 2001, o II concurso de piano ASGAIM e o ‘Joan Chissel Rober Schumann Lied Competition’.

Recentemente interpretou como pianista solista, xunto coa Escola de Altos Estudos Musicais e baixo a dirección do mestre Maximino Zumalave, o concerto no.12 kv 414 en La M de W. A. Mozart, realizando varios concertos en Galicia. Bolseiro da Deputación de A Coruña e do Royal College of Music, entre os anos 2010 e o 2012 estuda o Máster en Interpretación pianística no Royal College of Music en Londres baixo a tutela do prestixioso pianista e pedagogo Andrew Ball. Dende entón e ata a actualidade establece un dúo co tenor británico William Morgan co cal realiza concerto no Reino Unido. Na actualidade estuda un doutorado en interpretación na Academia de Música Liszt Ferenc de Budapest.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies