займ срочно

O Pichel estrea o documental Pacto de Irmäos

0

Compostela, 19 de xuño do 2019 – O Centro Social A Gentalha do Pichel presenta mañá xoves o documental Pacto de Irmãos sobre os manuscritos máis antigos escritos en galego portugués.

A cita, as nove da noite no Pichel en Santa Clara, contará coa presenza do director, Rafael Janeiro, e Issac Lourido (professor da UDC). O documental reflicte os orixes dd galego e o portugués a partir da descomposición do latín usado na Gallaecia. Fala ademais do papel da lingua escrita na organización do social e a cultura na comunidade de falantes.

No transcurso do documental poderemos escoitar ao romancista Lídia Jorge, o escritor Rui Zink, o filólogo José António Souto Cabo (especialista no manuscrito que dá nome ao traballo) ou à paleógrafa Maria José Azevedo Santos, entre outras voces. Unha reportaxe que transcurre a través das imaxes dos manuscritos, as caligrafías e  as formas artísticas que emerxen daquela época.

O documento

Pacto dos Irmãos Pais é o nome do documento coñecido mais antigo em galego portugués, datado entre 1173 e 1175. Unha época na que se estaba formando, no territorio norte occidental da Península Ibérica, unha lingua romance derivada do Latín. O proxecto buscou reflexionar sobre a lingua, a súa orixe, e o momento actual. Tratouse de establecer o punto de transición desde o Latín, cal é a percepción dos falantes e o sentido que tiña unha norma escrita.

O proxecto nace de AGAL, Asociación Galega da lIngua, e conta co apoio da Deputación da Coruña.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies